Yolanda Díaz responsabiliza a Villares de "andar rompendo mareas" por toda Galicia

"A percepción é que os votantes socialistas non queren un pacto con Ciudadanos e é evidente que está todo preparado polos poderes económicos para gobernar o PSOE con Ciudadanos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2019 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

A cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, responsabilizou ao portavoz de En Marea, Luís Villares, de "non querer negociar" para formar unha coalición para as eleccións xerais e de "andar rompendo mareas" por toda Galicia.

Neste sentido, reivindicou que ela "leva traballando con moitísima xente desde o 2012 para ter espazos de cambio unitarios", pero criticou que "os que chegan despois" cunha traxectoria de "rompelo todo, teñen dinámicas propias", en alusión ao portavoz de En Marea.

Así, reprochou a Villares que "ande rompendo mareas" por toda Galicia e asegurou que ao líder de En Marea "acompáñano persoas que son expertas en rompelo todo" e que "son o pasado", en relación, entre outros asuntos, á situación na cidade de Ferrol de cara ás municipais, ante a existencia doutras dúas "mareas" xurdidas de Ferrol en Común: a Marea de Ferrol (apoiada por Villares) e Xuntos Actúa.

"É evidente que Luís Villares non quixo negociar e creo que ten que ser responsable do que fixo. E vexo que anda rompendo mareas por todo o país. É unha tristeza. Creo que a xente ten que saber que Villares non quixo a unidade do noso país. Eu síntoo", lamentou Yolanda Díaz nunha entrevista en Radio Nacional de España. Preguntada sobre por que sendo natural da localidade coruñesa de Fene se presenta como cabeza de lista por Pontevedra ás xerais do 28A, Díaz insistiu en que ela é "a candidata de Galicia".

Ademais, reiterou que a cidadanía sabe o que fixo o grupo parlamentario de Unidos Podemos e En Común no Congreso e mesmo o que fixo ela mesma, polo que descartou que a xente se poida confundir á hora de votar ao existir dúas organizacións de unidade popular.

PSOE E CIUDADANOS

De cara ás eleccións, a tamén militante de Esquerda Unida chamou á "mobilización" xa que, ao seu xuízo, se a unidade de Podemos e En Común non é forte "é evidente que non se vai a nacionalizar a AP-9 e que a banca non vai devolver os 9.000 millóns ao noso país". Desta maneira, lamentou que as 110 medidas que propuxo o líder socialista Pedro Sánchez de cara á campaña electoral son "con claridade unha pista de saída para pactar con Ciudadanos".

"A percepción é que os votantes socialistas non queren un pacto con Ciudadanos e é evidente que está todo preparado polos poderes económicos para gobernar o PSOE con Ciudadanos. Se esta opción se dá, está claro que non vai haber un cambio posible", asegurou. Cuestionada sobre se Unidas Podemos reeditaría o pacto da moción de censura, Díaz asegurou que a súa agrupación foi "exemplar", xa que "deu o seu voto en branco", para así "botar ao partido máis corrupto da historia europea" do poder (en relación ao Partido Popular).

"Se de nós depende, vai haber un Goberno de cambio. Pero coidado, agora xa non é o mesmo. Que nos diga claro cal vai ser o seu programa", subliñou Díaz, tras criticar algunhas medidas de Pedro Sánchez.

ALCOA

Sobre a manifestación dos traballadores de Alcoa celebrada o pasado xoves en Madrid, Díaz tachou de "intolerable" que "o Goberno permitise que houbese unha carga policial contra traballadores", xa que, "non son delincuentes" e "poden quedar na rúa".

"Os traballadores de Alcoa non teñen futuro porque o PSOE é un talibán dos mercados. O 28 de abril Galicia pode colectivamente rescatar a Alcoa. Alcoa cae porque o PSOE se nega a enfrontarse a unha multinacional tal como fixo Francia ou Italia", declarou Díaz.

Noutra orde de cousas, tamén criticou que se fale da "España baleira" só porque "ten rédito electoral". "Temos unha Galicia envellecida, despoboada e cunha carencia absoluta de política", indicou. Así mesmo, declarou que "hai que coidar os montes non só no verán, tamén no inverno" e pediu máis profesionais para iso.

Yolanda Díaz, portavoz rotatoria de En Marea no Congreso, en declaracións a. EN MAREA - Arquivo
Yolanda Díaz, portavoz rotatoria de En Marea no Congreso, en declaracións a. EN MAREA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

5 Fer do Galiano

Esta fulana arribista vai dando leccións de honestidade? Que fixo ela en Arousa?! Rompeu toda unha organización!! Que fixo seu lamecús de Jorgito en Ferrol? Privatizou o servizo da auga. Mande truco cos do P"C"E

1 Frecha

Moito vos ofendestes no BNG cando Feijóo lle dixo a Pontón que está neceditada. Pero vós podedes chamarlle fulana a Iolanda Díaz e non pasa nada. E así con todo.

2 marxista leninista cuñao

Fernando, con todos os respeitos. A militancia do que ti chamas P"C"E no Ferrol sempre se opuxo a esa privatización. Xunto con militantes do PCE (m-l) e do BNG se creou a Plataforma pola Remunipalización. Creo que os sectarios confundides as cousas... Non serás dese grupito chamado PCTG?

4 Desfeita

Despois de afirmar que En Marea non serve, tentan copiarlle o nome (Mareas en Común) e ser recoñecidos como os herdeiros. Moita confianza na súa propia reputación non deben ter.

3 Gon Than

Miña raiña os choros do día despois van ser antolóxicos...

2 Xesús

E cando Yolanda vai aclarar o tema do seu asesor no Parlamento Galego ?

1 Inscrito de En marea

Si Muller si... Rompelo todo. Levades dous anos tentando queimar a En marea e agora falades como se forades unhos santos. Os que marcharon de En marea fostes vos por tres motivos fundamentais: 1) intereses partidistas. 2) Non querervos someter ao dictamen das bases e 3) para que a señora Yolanda Díaz siga de deputada, difícil é de explicar que te presentes por Pontevedra, pero a cidadanía non é tonta.

1 Gustavo

Dictame das bases....qué gracioso é darlle a volta á realidade, e quedar tan anchos. A cidadanía non é tonta, e esa mareiña de Villares, que pensou que quedando co nome, con todas as trampas posibles, sí que quedará co cú ao aire. Os outros/as non serán moito mellores, pero villaristas&cía destruiron o pouco que había, por controlar un aparato que agora non lles vai valer de nada.

2 Inscrito de En marea

Amigo Gustavo o que non está Ben e tratar de manipular os censos para as votacións telemáticas, o que non está Ben é votar a favor dunhos ornamentos totalmente perxudiciais para Galicia, o que non está Ben é defender que Compostela Aberta ou Marea Atlántica se presenten como partido e logo defender coalición para o Congreso, o que non está Ben é defender os partidiños como IU ou Podemos (que entre os dous non enchem unha cabina de teléfonos ) o que non está Ben é que a Señora Yolanda Díaz busque acomodo nunha circunscripción electoral coa que nunca tivo ningunha vinculación e xa imos vendo como vos ides desfacendo entre vos mesmos, ata agora uníavos a xenreira con Villares pero ahora Podemos desvincúlase en Ferrol, en Ourense, ANOVIÑA xa non se presenta convocó...que queredes que vos diga...a vosa desfeita está servida e En marea entrará con 4 deputadoa no congreso

3 Para a casiña

Desta vez non lle vai caer a breva de Beiras (iluso) ningún. Ou lle dan un chope en Madrì, ou volta, -como a simple filla de Suso Dìaz- para o Ferrol. E que nunca foi outra cousa. Eso sí, máis española que o pai ainda. Politiquerías que non aportan nada ao país.

4 Miguel do Pichel

Claro claro españolista jajajaja sempre andades con esa trampa nacionalista na cabeza para pillar carguitos ( si é que os chupades... BNG vaise levar tamén unha ostia ). En Marea é o que decidiron os seus afiliados. Se non lle gusta a Iolandita e o pillabán de Toné a decisión é por oportunismos varios.

5 Multinick

A secuestrar unhas primarias durante un mes, mudar as regras ilegalmente e trampear os resultados, chámanlle os trols villaristas "dictame das bases". Ese é o nivel desta coalición de parasitos, oportunistas e liquidacionistas.