A Xunta e o catedrático Felipe Macías levan o premio Dioxina de Adega polo seu apoio á minaría contaminante

Os premios Osíxeno foron para ás brigadas deseucaliptizadoras, a Coordenadora Anti-Encoro do Umia e para a bióloga Adela Figueroa. Este domingo tivo lugar unha nova "deseucaliptización" na que os máis pequenos plantaron frondosas en Lousame.

Por Galicia Confidencial | Lousame | 01/04/2019 | Actualizada ás 10:01

Comparte esta noticia

A 18ª edición dos premios Osíxeno e Dioxina de Adega xe teñen nome e apelidos. Este 2018 xiraron arredor da  minaría, a eucaliptización e a defensa dos ríos. Así, nun actoque tivo lugar este domingo, foron premiados co Osíxeno a Coordenadora Anti-Encoro do Umia e as brigadas deseucaliptizadoras, mentres que co Dioxina á Xunta e ao catedrático Felipe Macías.

Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo
Terreos da mina de Touro. EUROPA PRESS - Arquivo

O Premio Osíxeno de Honra 2018, concedido para subliñar unha traxectoria vital en defensa do ambiente e do patrimonio do país, foi paa Adela Figueroa, bióloga, escritora, histórica ecoloxista, fundadora e ex-presidenta de ADEGA.

Os premios Osíxeno 2018 ás millores actitudes ou actuacións ambientais do ano en categoría individual foi para Paloma Fernández, voceira da Coordenadora Anti-Encoro do Umia, por represnentar “a vontade irrenunciábel dunha veciñanza de recuperar o seu río, nunha loita que abrangue xa 25 anos e continúa na actualidade”.

O Premio Osíxeno 2018 e categoría colectivo levouno as Brigadas Deseucaliptizadoras, colectivo que abrangue a ecoloxistas e veciñanza comuneira, “pola seu compromiso coa sustentabilidade dos nosos montes fronte á ditadura do eucalipto, efeitivizado mediante a intervención directa”. 

DIOXINAS

Pola contra, os Premios Dioxina 2017 ás accións máis nefastas para o ambiente, en categoría individual, foi para o profesor da USC e catedrático de Edafoloxía Felipe Macías

Felipe Macías Vázquez
Felipe Macías Vázquez | Fonte: GC

polo seu apoio “a proxectos tan delirantes e agresivos como a Mina de Touro-O Pino” e por “propoñer un parque temático de organismos estremófilos nos ríos contaminados pola mina supera outras controvertidas actuacións que avalou como os parques eólicos do Xistral, a piscifatoria de Touriñán, a balsa mineira das Pontes ou a reapertura mina de San Fins”.

E o Premio Dioxina 2018, categoría colectivo, paara os dirixentes políticos da Dirección Xeral de Industria da Xunta de Galiza, “por terse constituido, con leis como a de Depredación e coa súa entrega ao lobby da minaría contaminante, nunha das principais ameazas para o ambiente e a saúde da cidadanía”.

DESEUCALIPTIZACIÓN

Por outra banda, este domingo 31 de marzo déronse cita no Monte Veciñal de Froxán, en Lousame, máis de 100 familias para a terceira cita do proxecto Montescola, que procura achegar as máis cativas á importancia dos traballos de restauración e conservación do monte. Así, continuaron os traballos de restauración de zonas degradadas pola presenza de acacia e eucalipto e nas que veñen plantando centenas de árbores frondosas nativas.

O monte de Froxán, xunto co de Santiago de Covelo, foron os primeiros de todo o Estado a seren declarados Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA), unha figura respaldada polo Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente que pretende destacar o empeño e resultados en materia de conservación realizado por estes colectivos. 

De feito, o de Froxán é o primeiro territorio deste tipo a ser incorporado á Base de datos mundial de Áreas Protexidas despois de pasar por un proceso nacional de revisión por pares. A inclusión no rexistro ICCA (www.iccaregistry.org) implica ademais a realización de revisións periódicas co fin de garantizar que a xestión do monte ten como resultado a conservación dos valores naturais e ecosistémicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta