O morto do incendio de toques apunta ao propietario do vehículo, de Sobrado dos Monxes

O lume produciuse "no mesmo momento" que a explosión do coche.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 01/04/2019 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

A Garda Civil prosegue a investigación para esclarecer a morte da persoa achada no interior dun vehículo nunha pista forestal de Toques (A Coruña) polos equipos de extinción dun lume rexistrado na zona o pasado mércores 27 de marzo que afectou a unhas 27 hectáreas.

Segundo manifestaron a Europa Press fontes próximas á investigación, á espera de que conclúan as probas de ADN, as pescudas apuntan a que a persoa falecida sexa o dono do vehículo, un veciño de Sobrado (A Coruña), xa que os seus familiares bótano " en falta" e non se puideron contactar con el.

A investigación sobre esta morte mantén todas as hipóteses abertas, incluída a posibilidade de que a vítima falecese de maneira violenta. Con todo, as mesmas fontes consultadas insisten en que se trata dunha investigación "bastante complicada", debido ao estado practicamente carbonizado do corpo.

INCENDIO

Ademais, o equipo de incendios da Garda Civil participa nesta investigación que leva a cabo a Comandancia da Coruña e que se atopa baixo segredo de sumario.

Fontes da Consellería de Medio Rural sinalaron a pasada semana que o incendio forestal en Toques produciuse "no mesmo momento" que a explosión do coche, aínda que "non se pode determinar con seguridade" que o lume se iniciase por mor da explosión, "pero foron simultáneos", segundo relataron fontes deste departamento.

Coche calcinado nunha pista forestal
Coche calcinado nunha pista forestal | Fonte: Durangon.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta