O ex-vicepresidente da Xunta Anxo Quintana volve ao BNG, aínda que de número 22 na lista de suplentes de Allariz

Abandonou en 2016 a formación da que foi líder entre 2003 e 2009. Pontón aproveita a circunstancia para suliñar que "a xente que deixou o BNG, volve a el".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/04/2019 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O ex-vicepresidente da Xunta Anxo Quintana reapareceu na lista do BNG para as eleccións locais do próximo 26 de maio, o municipio do que foi alcalde máis de dez anos, e despois de abandonar en 2016 a formación da que foi líder entre 2003 e 2009. "Un motivo de alegría", para a portavoz nacional da formación nacionalista, Ana Pontón.

Quintana reaparece na lista do BNG de Allariz tras deixar a formación en 201
Quintana reaparece na lista do BNG de Allariz tras deixar a formación en 201 | Fonte: Europa Press

A volta a unha candidatura do Bloque de Quintana é simbólica, como número 22 da lista de suplentes da candidatura que encabeza Cristina Cid, e na que lle segue, como número 23 e con ese mesmo sentido de recoñecemento, Francisco García, que foi o sucesor do expresidente da Xunta na Alcaldía de Allariz e rexedor durante as últimas dúas décadas.

Anxo Quintana deixou o BNG en marzo de 2016 e despediuse a través dunha carta á militancia de Allariz na que explicaba as súas razóns para darse de baixa polas diferenzas coa dirección, xa capitaneada entón por Ana Pontón. "Doume de baixa do BNG, que non de nacionalista, e aínda que hoxe non haxa ningún partido no noso país desde o que o poida facer, a miña vontade estará sempre disposta a colaborar na construción nacional de Galicia", subliñou daquela.

Quintana argumentou que, en todos os casos "procurou sempre colaborar co proxecto", desde a súa "humilde achega persoal como militante". "Unhas veces tocoume ser militante de base e outras ocupar importantes responsabilidades. De todas as etapas gardo grato recordo e agradecemento para a organización e os compañeiros que me outorgaron tan alta representación e cos que compartín traballos, ilusións, alegrías e pesares", sinalou naquela carta fai tres anos.

Ao ser preguntada na presentación do programa do BNG para as xerais, a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, dixo que é "un motivo de alegría" e que "vén demostrar que moita xente se está sumando ao BNG, que é unha alternativa política propia".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

7 Celso

O partido españolista que leva pandeiretas os mitins.

6 abre a muralla

non e simbolica senon real... non sexan asi... o BNG vai subir moito pese a que non lles guste a alguns, e a marea vaise esnafrar por mentirosos por ser axentes do grupo podreimos e demais camándulas xa verán... xa verán... que hoxtion van levar...

5 Violeta 4

Trouxo o iate de Jacinto ou viño só? Ah, non o iate resérvao para Pontona cando veña a das gasolineiras de méjico

4 abella

Vaia ho, falta Chanquete nada máis

3 Gamela

Pero entón vai na lista de suplente sen o carné do BNG? Coma IN-DE-PEN-DEN-TE ? E o permite Paco Rodríguez ? Canto liberalismo... xa me gustaría unha entrevista con Quintana para saber que pensa destas historias de Tirios e Troianos ?