Temas: ÁRBORES

Piden retirar do catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia exemplares que "perderon os valores polos que foron introducidos"

Tamén se valorarán 18 solicitudes de inclusión presentadas por concellos, particulares e algunha asociación.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2019 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O comité de 'Arbores Senlleiras' de Galicia propuxo, tras a súa reunión anual ordinaria, retirar do catálogo "unha serie de elementos por constatarse que perderon os valores polos que foron introducidos no censo no seu día".

Castiñeiros da Fraga de  Catasós,  no municipio de Lalín (Pontevedra). Son os famosos castiñeiros de Quintela, considerados monumentos naturais
Castiñeiros da Fraga de Catasós, no municipio de Lalín (Pontevedra). Son os famosos castiñeiros de Quintela, considerados monumentos naturais | Fonte: F.J. Viéitez, et al | Cuad. Soc. Esp. Cienc. For. 44(1) (2018) 51-60.

Esta xunta, que funciona como órgano consultivo que asesora a Consellería de Medio Ambiente sobre posibles inclusións e exclusións de árbores ou formacións dentro do catálogo --un rexistro público de carácter administrativo dependente da Dirección Xeral de Patrimonio Natural--, concluíu tamén que "o estado de conservación da maior parte dos exemplares é satisfactorio".

Así mesmo, tal e como explica a Xunta, valoráronse tamén 18 solicitudes de inclusión presentadas por concellos, particulares e algunha asociación.

Pero todas as propostas, tanto as de inclusión como de exclusión, "terán que someterse ao correspondente procedemento administrativo" co fin de "abrir un período de alegacións e darlle trámite de audiencia aos titulares das árbores que se propón descatalogar".

A día de hoxe, o catálogo conta cun total de 189 elementos --151 árbores e 38 formacións-- pertencentes a 80 especies distintas e divididas entre o catro provincias: 57 proceden da Coruña, 41 de Lugo, 29 de Ourense e 62 de Pontevedra.

Temas: ÁRBORES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta