Asemblea urxente do Encontro Irmandiño para decidir o seu futuro no BNG

A Coordinadora do Encontro Irmandiño (EI) mantivo unha xuntanza na noite do xoves e por unanimidade decidiu saír do BNG. Con todo, a decisión teñen que tomala os afiliados. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza apostan por saír.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/02/2012 | Actualizada ás 11:08

Comparte esta noticia

Por iso decidiron convocar unha asemblea urxente, a cuarta que celebra este movemento.  Terá lugar o domingo 12 de febreiro. Nese cónclave decidirase se o futuro de EI está dentro ou fóra do BNG.

Sen embargo, a postura dos membros da coordinadora foi unánime a favor da saída do BNG. A xuntanza, que comezou a partir das 21.00 horas do xoves, prolongouse durante horas, até a madrugada do venres.

O propio Xosé Manuel Beiras, logo da asemblea nacional do BNG do pasado domingo, suliñou que o seu futuro no BNG dependería do que decidiran os militantes da súa corrente. O acontecido durante este cónclave --con insultos cara a súa figura-- e o aumento da tensión entre a UPG e as distintas corrrentes fan "inviable", segundo a coordinadora do EI, unha convivencia pacífica.

As mocidades, tamén a favor

Pero os irmandinhos non son os únicos que se queren marchar do BNG. Tamén as mocidades de EI e Máis Galiza  están a favor da excisión. Nunha xuntanza, tamén celebrada onte, e á que asistiron uns 70 mozos, apostouse tamén por abandonar o BNG. Unha decisión casi unánime xa que só se opuxeron a ela dúas persoas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 403 comentarios

12 picheleiro

Boas, eu son membro da Liga Estudantil Galega e pido, máis ben, esixo que retiredes a mención á nosa organización da nova porque é absolutamente falsa e falaz. A Liga Estudantil Galega nin é unha das mocidades de +Galiza como se deixa entender na nova, nin vai marchar dun sitio onde nunca estivo. A Liga Estudantil Galega está conformada por xente de varias organizacións e non está, nin moito menos, inmersa nas dinámicas dun ou doutra corrente. Agardo que se rectifique. Saúdos

1 Tanto ten

É benegoloxía home

2 Eu estiven alí

Pero imos ver picheleiro. En nome de quen falas ti. Quen es ti exactamente. Ou te identificas ou non ten validez ou teu comentario. E senón, mandade unha rectificación pública. Como que a Liga non ten membros nacionalistas. Entón os que estivechedes alí onte que erades, marcianos?. Os que avogaban por marchar do BNG, que eran logo, do SOE? Un pouquiño de seriedade

3 En fin...

A cousa será que nesa reunión houbo xente de EI e MNG, que ademáis está no bloque, e que ademáis está na liga. Hai xente na liga que non está nin na mng, nen ei, e mesmo nen bloque. Como dis entón que a liga vai marchar do bloque?

11 Lobo

Pero como que queren marchar do Bng, si xa fai moito tempo que na practica estan fora, non engañemos a xente.Que oficialicen a sua marcha e lles vai ben e con saude.

1 Manuel P.

Lobo traballa, e moito que dentro dun ano cecais non hai máis cartos que para pagarlle a nómina a Rafa Villar e ao Papa negro. dalle caña que fora das oficinas do BNG fai moito frío e non hai quen vos queira ver nin en pintura

2 lobito bueno

Pronto haberá Expedentes de Regulación de Emprego na Forga e tamén na CIG e, por suposto, reducción de liberados e mantidos o que quere decir que algúns da UPG e da súa marca blanca MGS terán que ir buscar traballo, xa que se lles acaba o choio. Enteraste LOBO

3 Lobo

Lobito e Manuel, o voso e grave, tendes unha fixacion malsana, cas nominas, o bandullo agredecido, os mantidos, os liberados,etc.etc. albisco unha certa frustracion, queredes traballar, apuntadevos a empresa temporal que esta montando Beiras e haber canto durades nela,¡¡¡ Animo¡¡¡

4 lobito bueno

Lobo: Eu xa teño traballo e levo 40 anos traballando, non dependo de facerlle o Rendivu a Paco Rodriguez nin son un mantido coma ti e o resto da Secta

10 estudante

A Liga Estudantil non son as mocidade nin do EI nin da MNG. De feito, a maior parte da xente da MNG está no MEU, e a do EI nos Comités.

1 estudante

Esto era en relación a un texto que aparecía antes na nova e xa borraron, afortunadamente.

2 Un que estivo ali

Insisto. Entón os que nos reunimos onte eramos marcianos?. Acaso non eramos da Liga e do MNG?. Acaso non falamos de marchar do BNG?. A ver se nos aclaramos xente da Liga.

9 Democracia Popular

Bravo!! que rachem de vez e que o Povo decida!!

1 carrumeiro

Hai que marchar xa¡ Ata outubro ou novembro da tempo de conformar unha nova alternativa de esquerdas, galeguista e ecoloxista que chegue ó 5% e entre nun Parlamento Galego do que quedará fóra a secta UPG-MGS

2 Adiante!

Todo iso pode lograrse difamando por Internet! Ese é o camiño!

3 Nerea

Non home internet non, de feito tes que ter coidado que xa dixo o Papa ngro que non se debían usar as redes sociais,q ue so servían como instrumento á sociedade capitalista e bla bla bla bla bla bla. Ala a deitarse e descansar que o povo é quen maís ordena e agradecerávolo igual

4 eiii

unha alternativa galeguista?¿?? recordovos que os irmandiños son independentistas... que o novo espazo poda abarcar dende os galeguistas ate os independentistas, non significa que o novo proxecto sexa galeguistas, non confundamos

5 Un vello galeguista

Veño comprobando que está extendida a idea de que o Partido Galeguista non era independentista e soberanista. Está claro que se fala dende a ignorancia máis absoluta. Os primeiros que prantexaron a separación de Hespahna, así escrita. foron as bases daquel PG que aguantou e logo se disolveu aqui para resucitar de novo nos anos setenta e tantos.Pero ese Partido xa defendia a independencia, a cogestión nas empresas, o ensino e sanidade totalmente públicos, a equiparación dottraballo femenino e masculino, etc. Todo isto vivino eu nas filas do PG.

8 Manuel P.

Pro fin chega o sentido común, e alégrome porque as mocidades, o futuro real deste país marquen a folla de ruta. ¡Que alegría sinto por Galiza!, por primeira vez se me erizan os pelos por ver que o povo esperta. Teremos moito traballo por diante, que ninguén se engane, teremos que deixar parte da nosa vida polo país, pero merecerá a pena. Traballaremos dende posturas políticas distintas, pero as persoas demócratas e educadas (algo que falla na actual dirección do BNG) sempre se poden entender se poñen por riba de todo a Galiza. ¡Parabéns compañeir@s, adiante co novo galeguismo!

1 Si ho

Demócratas e educadas sobre todo, aceptando os resultados e non insultando xamais. Adiante!