Sindicatos denuncian case cen mil contratos "temporais e en precario"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 15:02

Comparte esta noticia

Os sindicatos denuncian a existencia dun emprego "temporal e precario" en Galicia, onde o mes de maio supuxo a firma de 95.202 contratos para unha caída de "tan só" 5.421 persoas das listas do paro.

Nunha nota de prensa, a CIG advirte ademais de que "o 78% do total de contratos asináronse no sector servizos" e precisa que o 93% deles eran de carácter temporal.mO secretario confederal de emprego da central nacionalista, Fran Cartelle, alerta de que "non se están producindo cambios estruturais no mercado de traballo" e "continúa a tendencia de anos anteriores", con descenso do desemprego no verán "con contratos mal pagos e de escasa duración".

Pola súa banda, UGT considera que "urxe un plan de choque polo emprego de calidade", así como a derrogación da reforma laboral, para reducir a rotación, o emprego temporal, os baixos salarios e o paro de longa e moi longa duración.

Traballadores de Copagro
Traballadores de Copagro | Fonte: E,P.

CC.OO., mentres, subliña que a redución do paro era "previsible" pola época do ano e interpreta que se asenta en emprego "precario" e con facha de caducidade. "Non compartimos que a precariedade sexa a norma, senón que ten que ser a excepción. Estamos a habituarnos a un mercado laboral precario que só vai ben cando o vento sopra a favor, como co factor estacional", critica.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta