Marcha o sector máis galeguista e esquerdista do PSdeG

Preto de 20 socialistas críticos de Vigo pedirán a baixa deste partido fartos do “anquilosamento” da estrutura orgánica do PSOE. Comezarán conversas con outras correntes para intentar artellar un fronte “galeguista e de esquerdas”.

Por Xurxo Salgado | Vigo | 15/02/2012 | Actualizada ás 22:07

Comparte esta noticia

A situación convulsa que vive o nacionalismo galego tamén salpica ao PsdeG. Un nutrido grupo de militantes socialistas de Vigo, do chamado sector crítico, acaba de constituir unha xestora para abandonar este partido. Polo momento son preto de 20 militantes procedentes de Esquerda Galega, Esquerda Socialista e dos sectores galeguistas que no seu día apoiaron a Miguel Barros.

Neste grupo atópase Marcial Martínez, que foi concelleiro socialista en Vigo, e que, desde hai algún tempo consideraba que a convivencia no PSOE se fai “insoportable”. “Este partido cada vez é mais centralista e menos esquerdista”, comenta Óscar Lomba, outro dos militantes socialistas –colaborador do GC— que tamén está neste grupo.

 

Máis adhesións de socialistas

 

Polo momento, estes militantes puxeron en marcha unha xestora e agardan que nos vindeiros días se sumen outros militantes, non só de Vigo, senón tamén de outros puntos de Galicia. Son os sectores máis galeguistas e esquerdistas do PsdeG e, por iso, comezarán conversas con outras correntes para intentar chegar a un acordo de tipo político e que se poida consolidar nalgún tipo de “alianza electoral”. 

 

Este colecitivo xa remitiu unha misiva a Encontro Irmandiño para iniciar conversas formais e ver a posibilidade de articular un “fronte común”, na liña do expresado por Xosé Manuel Beiras na asemblea que este grupo celebrou a pasada semana cando decidiu excindierse do BNG.

 

Por outra banda, tampouco descartan manter conversas con outros colectivos próximos aos movementos sociais, como o movemento do 15M ou os ecogaleguistas. E é que varios dos integrantes deste sector traballan estreitamente co movemento ‘Stop deshaucios’.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 65 comentarios

26 Xanc

Hoxe na Voz Ourense entrevista ao alcalde de Manzaneda. O do alcalde de Manzaneda, de seren certas as declaracións (é La Voz,...xa se sabe) , non ten nome. Galeguista? Lémbrolle que Feijoó e o PP se definen coma galeguistas. As Galiñas Azuis, o La Coruña de Negreira, o "la cultura gallega está ensimismada yacomplejada" de Varela... E podería seguir até mañán. Non quer asembleas (que si quer Beiras...). Partido tradicional (que non quer EI)? Pero entón..., fai ben saír do Bloque! Non sei a que tardou e cal foi o motivo da súa entrada. Quizáis ter unha plataforma "chachi" en Maceda coa que subir ao poleiro? Menudo rebumbio van montar Irmandiños, alcalde Manzaneda, Causa Galiza... Eu prefiro o nacionalismo do BNG ou Causa Galiza ao galeguismo do resto. Adiante GZ!!!

1 Xoán

Castelao tmén se consideraba galegista!!

2 chas-ca-rras-chás

Castelao morreu hai 62 anos, antes de que Piñeiro revisase e acoutase o significado de "galeguista". O traballo posterior de deturpación do termo feito polo autonomismo e máis polo españolismo converteuno no que é hoxe, un caixón de xastre no que todo colle e nada significa.

3 Xanc

Xoán, perdoa pero non tes nin p.ta idea do que entendía Castelao por galeguismo. Unha analise moi probe da obra de Castelao. Pero bueno, así nos vai en Galiza. Máis que nunca adiante o nacionalismo galego de verdade (non sucedáneos neoecoloxistas, neogalesguistas e neopapanatas)

4 Bruar

Galeguismo só pode ser nacionalismo galego. Quen diga que é outra cousa é por deturpación. Xa sabemos que hai moitos que queren que galeguismo sexa todo e non sexa nada, pero GALEGUISMO é nacionalismo galego dende as Irmandades até hoxe, non permitamos que os popularras nos rouben tamén iso.

5 federico

Galeguismo é un termo válido hoxe porque é capaz de englobar a moita xente que é galeguista mais se sinte española, isto é, a inmensa maioría. Se os nacionalistas non se alían cos rexionalistas nunca deixarán de seren catro gatos con moito miau. A experiencia destes anos aprendeunos iso a moitos. Outros non queren aprender...así lles irá ! Por outra banda, pódese ser nacionalista e militar nunha forza galeguista con compañeiros que non pasan do rexionalismo, mais rexionalismo convencido e activo, non morno coma o do PP ou Psoe. Eis a clave, meus...

25 Black Crow

El momento elegido para el nacimiento de una nueva formación política progresista en clave gallega no podía ser mas oportuno. Teniendo en cuenta que el PSOE hegemónico que hemos conocido hasta ahora está pasando a la historia, y con su alternativa nacionalista de regreso a la gruta, ahora es el momento ideal para un partido de progreso de esos que no se limitan a presumir de estar cargados de razón ... sino que además de tenerla saben trabajar para concretar logros, contando para ello con una formación académica y profesional adecuada, no como otros. Además, hablemos claro, PSOE/UGT solamente representan a una élite cutre que ha sabido trepar en una estructura, y el BNG/CIG lo mismo pero sacando lo de élite. Finalmente ¿Aymerich? Olvídense de él, que se lo coma el BNG con patatas.

1 anton

grande Black Crow. Todo un idolo de este foro de debate. Que futuro lles auguras os "Irmandiños"

2 Cibrán

De acordo con todo menos co de Aymerich. Estás moi equivocado con el. Sen el non hai ningunha alternativa de futuro posible.

3 Black Crow

Eso sí, Beiras fuera de cualquier candidatura. Al abuelete sería interesante buscarle un puesto estilo Di Stefano en el Madrí, osea, para salir en las fotos y poco mas. Estaría bien una presidencia honorífica o de la Fundación para que se vaya de viaje y no dé el coñazo.

24 Santiago Carballo

O importante é que muitos tenhan a conciencia intranquila. Logo, todo chegará. Non se pode estar permanentemente tirando do marketing (PSOE). Logo está o día a día e as contradiccións.

23 anonimo

ay que alegria o sea que no solo vamos a tenet la suerte de que el bng se este desintegrando sino que los nacionalistas que hay en el psoe empiezan a marcharse. esto hay que celebrarlo.

22 Me parto

Os de Miguel Barros (especulador a soldo de inmobiliarias, executor de A Nosa Terra e Xornal...) son os "máis esquerdistas"????? JA;JA;JA;JA