Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 19:16
Varios colexios profesionais de técnicos e profesionais do sector xeolóxico e mineiro de Galicia manifestan o seu "profundo malestar" e "total desacordo" co científico estadounidense experto en balsas mineiras Steven H. Emerman, quen leste mesmo xoves tachaba de "tolemia" e "maldición para as xeracións futuras" o proxecto de reapertura da canteira de Touro-O Pino.
Nun comunicado conxunto, este catro colectivos --o Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, o Colexio de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia, o Colexio de Geólogos de España e o Colexio oficial de Químicos de Galicia-- critican que o experto norteamericano "non só mostra un profundo descoñecemento da estrita lexislación española" na materia, senón tamén dos "múltiples controis de calidade" que existen.
Ademais, estes colectivos ven "curioso" que as asociacións ecoloxistas que se apoian en Emerman "ampáranse na súa condición de norteamericano, coma se a súa nacionalidade achegase maior valor aos seus coñecementos".
Neste sentido, os colexios de técnicos mineiros censuran que o experto en balsas "permitiuse pór en dúbida o traballo e profesionalidade" do catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Felipe Macías, quen elaborou un estudo no que afirmaba que as augas da zona de Lousame, onde se asenta a mina de San Finx, "non están contaminadas".
"O profesor Macías é un dos científicos galegos máis prestixiosos, recoñecido a nivel nacional e internacional, como o demostra o seu inmenso currículo", insisten os colexios profesionais, que tamén censuran o "constante descrédito" dos expertos galegos, españois e europeos.
Así as cousas, os profesionais do sector xeolóxico e mineiro de Galicia cren que as manifestacións de Emerman son "un xuízo de valor sesgado e parcial máis propio dun postulado ideolóxico que cientícico".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.