Axentes italianos, franceses e portugueses participarán no dispositivo de seguridade do Camiño en Galicia

Un axente de cada corpo policial destes países desprazarase a Galicia para participar no operativo, que estará coordinada pola Garda civil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/07/2019 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

Axentes da Policía italiana, francesa e portuguesa participan ao longo deste verán no dispositivo de seguridade en zonas turísticas da comunidade e no Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia. Os integrantes do dispositivo 'Turismo Seguro' foron recibidos este mércores pola subdelegada do Goberno, Pilar López-Riobóo, nun acto no que tamén tamén participou o xefe da Comunidade da Garda Civil da Coruña, Francisco Javier Jambrina.

O operativo especial, no que colaboran os Carabinieri italianos, a Gendarmería francesa e a Garda Nacional Republicana de Portugal, ten por obxectivo "proporcionar unha contorna segura" nas zonas de maior concentración turística, especialmente nas rutas xacobeas.

O traballo desempéñano patrullas conxuntas configuradas entre o catro corpos para facilitar "unha atención máis próxima" aos peregrinos. Así, un axente de cada corpo policial de Italia, Francia e Portugal desprazarase a Galicia para participar no operativo, que estará coordinado pola Garda civil.

Peregrinos andando con choiva no Camiño de Santiago
Peregrinos andando con choiva no Camiño de Santiago | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anne Cochevelou

O "camino" de Santiago NON é turismo, é un tinglado subvencionado pola Xunta, unha nova Cidade da Cultura que engule todo o orzamento cultural do país dándollo á Igrexa españolista do "matamoros, Franco y la cruzada". Agora ata privatizaron o Pórtico da Gloria. O Xacobeo é un monstro do frijol co que ter entretido e engraxado ó seu mecanismo de propaganda. A cruz de Santiago tiña que ser retirada da simboloxía galega, é o símbolo da colonización. Boicot ó Xacobeo!