Falece un turista irlandés durante unha visita ás Illas Cíes realizada xunto á súa esposa

O home sufriu un infarto mentres camiñaba.

Por E.P. | VIGO | 09/07/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

Un turista irlandés de 59 anos nado en Alemaña faleceu tras un sufrir un infarto durante unha visita realizada ás Illas Cíes xunto á súa esposa, coa que se hospedaba nun establecemento de Vigo.

Segundo detallou a Policía Nacional a Europa Press, os feitos tiveron lugar este luns ás 20,00 horas, cando os axentes foron alertados de que un home falecera no Parque Nacional Illas Atlánticas.

Así, tras xestionar o desprazamento á illa co servizo de Salvamento Marítimo, os policías trasladáronse á subida ao faro das Illas Cíes, onde camiñaba o home cando sufriu o infarto. Mentres, a súa esposa, de 59 anos, atopábase na Praia de Rodas.

Finalmente, trasladaron o corpo do turista irlandés á cidade olívica, onde foi sometido a unha autopsia que confirmou que falecera debido a causas naturais.

Praia De Rodas, Nas Illas Cíes. REMITIDO - Archivo
Praia De Rodas, Nas Illas Cíes. REMITIDO - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta