O BNG propón franxas horarias sen música nin pirotecnia no Apóstolo para incluír persoas con diversidade funcional

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O grupo municipal do BNG de Santiago presentou unha petición ao alcalde, Xosé Antonio Sánchez Bugallo (PSOE), para que os postos de feira non utilicen música nin megafonía durante unha franxa horaria determinada e así facilitar a inclusión e participación dos nenos e nenas con diversidade funcional ou distintas capacidades.

Recreación virtual dos Lumes do Apóstolo 2018.
Recreación virtual dos Lumes do Apóstolo 2018.

A proposta, que será defendida pola concelleira Navia Rivas no pleno municipal, tamén recolle que durante ese tempo non se use pirotecnia.

Rivas sinalou que as atraccións adoitan ter "a música e a megafonía moi alta", o que ocasiona un balbordo que "impide gozar e participar na festa" ás persoas con diferentes capacidades.

Ademais, o grupo municipal apuntou que os colectivos sociais de Compostela "ven con acerto" a aplicación da medida para "favorecer a inclusión" de nenos e nenas con autismo, síndrome de Asperger, síndrome de Down e outras capacidades físicas e mentais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta