Artigos de O faro de Hopper - Leticia Pérez-Lafuente

A guitarra de Pete e a culler de Hamilton

Tiña un poster de The Who no salón. Non estaba enmarcado senón pegado con blue tac, así era máis entrañable, así me gustaba máis. Non recordo un Hamilton no hall aínda que si teño unha Polaroid ¡podo comerme o mundo! Agora que Richard Hamilton é noticia pola súa flamante exposición no Reina Sofía de Madrid e a presenza da súa obra na completa homenaxe ao Pop do Thyssen, non quero falar de arte senón das 8 CONEXIÓNS entre Richard (patriarca do Pop Art) e Pete Townshend (guitarra e cerebro de The Who). Dúas bombas británicas, God Save The Queen!

3 razóns para (NON perderse)

Neste novo artigo para 'El faro de Hopper' dareivos tres razóns para visitar exposicións actuais na cidade dende a que escribo, Madrid, xa sexa pola súa importancia ou pola súa singularidade, e que poidades gozalas cunha mirada diferente.

Se che gusta o SEXO, aprende a mirar

Dixo o meu amigo no outono de 1999: “Hai máis SEXO nun murmurio que nun peito.” E francamente, o mozo tiña razón.

E a cor de 2015 é...

"Estou seguro que tanto no corazón do baleiro coma no corazón dos homes hai un lume ardendo." Yves Klein (Museo Reina Sofía, Madrid,1961). E para o home de traxe gris que buscaba a enerxía poética ese lume era AZUL. Volveremos ao artista chamado "o monocromo" porque imos falar de COR, da cor da comunicación, das tendencias, da arte e presentarei un tesouro editorial onde precisamente a cor serve como medio de transporte a outros sentidos (Libros de Valentino). Pero agora, concentración, cal será a cor de 2015?
Leticia Pérez-Lafuente O faro de Hopper é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicació, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte. Faro de Hopper