Artigos de O faro de Hopper - Leticia Pérez-Lafuente

Non entres, non hai NADA

Foi en 1958, din que ás seis e media da tarde, cando o noso amigo Ives Klein falou por primeira vez de “A arquitectura de aire” ante o estupor que levantou tal invención decidiu mostralo cun exemplo. “Le Vide” (o baleiro) e aquí poñemos un asterisco na historia da arte recente, pois “Le Vide” foi a primeira mostra de arte invisible que coñecemos.

FaroInArt. Almorzo na Herba (Manet)

Exploramos a obra "Le Déjeuner sur l'herbe" de Édouard Manet dende un enfoque novo e orixinal de El Faro de Hopper.

O desafío Prerrafaelita. Are you ready, Inglaterra?

A Irmandade Prerrafaelita revolucionou a Inglaterra Vitoriana, con detractores tan relevantes como o mesmo Charles Dickens.

Sorolla, o veraneante que levou Vilagarcía a Nova York

Que máis se pode dicir sobre Sorolla? Exposicións, estudos, conferencias... Que máis se pode dicir? Pois que se anoxaba ante o desconcerto que lle provocaba esa luz que pasa de dourada a rosa a laranxa e a vermello nas súas tardes fronte á Ría de Arousa. E que máis? Pois que gustaba de perderse no mercado de Vilagarcía, que vía nesta vila a esencia de Galicia e que eu tiven o gusto de estar ao seu lado… Acompáñasme?

As 10 miradas máis tenras

Os pinceis e as cámaras tráennos a mirada doutros. Persoas retratadas ou sorprendidas, certeza ou misterio na contemplación dos ollos dos que pasaron á historia, mesmo sen nome. Se nos miran penétrannos, senón, talvez nos están a indicar cara a onde debemos mirar.

Non me veñas con “Feliz Luns”

Teño un luns "perruno", ningún gurú do positivismo o poderá impedir. Invítote a compartilo comigo. Non te preocupes non se contaxia, serás un mero espectador. Segue lendo e saca as túas conclusións, ao final deste post (debaixo de Escarlata O´Hara) encontrarás unha infografía orixinal coa que tal vez poidas identificarte.

Atrapado polas túas palabras

As muletillas son parte da linguaxe cotiá. Cando digo algo que para min é vital adoito rematar a frase cun "eu creo…" e cando fago unha proposta, cun "Parécete?". Eu son de muletillas de peche. Outros téñenas de inicio, "E digo eu..."

My 21 warning shots. Londres Superlativo!

Tras a miña última ruta por Londres, que podedes chequear en Facebook e Twitter #FaroLondres, deixo aquí “My 21 warning shots”. Non hai conexión argumental entre elas. É comunicación, é marketing, é arte, é decoración, é gastronomía, mesmo algunhas non sei a qué categoría poderían pertencer. Son salvas de aviso do que ofrece a cidade, que se ben horripílame polo seu clima, namórame pola súa espontánea capacidade de acoller provocación e tradición nunha mesma rúa.
Leticia Pérez-Lafuente O faro de Hopper é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicació, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte. Faro de Hopper