FaroInArt. Almorzo na Herba (Manet)

Exploramos a obra "Le Déjeuner sur l'herbe" de Édouard Manet dende un enfoque novo e orixinal de El Faro de Hopper.

Por O faro de Hopper - Leticia Pérez-Lafuente | Madrid | 10/04/2015

Comparte esta noticia

IN: Se dende o fondo camiño cara a adiante percibo o frescor do ambiente matinal. Aínda que parece que estou lonxe esta escena non ten demasiada profundidade, non é como aquelas paisaxes de Claudio de Lorena (s. XVII) nin ten as perspectivas de Veronés (s. XVI). De feito, estou máis preto dos "almorzantes" do que parece. Para avanzar debo cruzar un regato tranquilo. Por sorte teño un bote, apenas esbozado polo pintor, pero sérveme para avanzar entre cores complementarias, (verdes, ocres e vainillas) nas que refracta unha suave luz branca que xoga cos meus ollos.

552139_396151673825712_999837618_n

Sigamos a aventura de explorar esta obra...

OUT: Édouard Manet, NON foi impresionista, pero SI foi o precursor desta nova linguaxe pictórica (que Claude Monet levaría ao extremo cos seus estudos da luz). No s. XIX, Manet empeza a pintar con manchas aplicadas directamente sobre o lenzo (como facían na Escola Veneciana Tiziano e Tintoretto no s. XVI). Pero ante todo, Manet quere ser un pintor do seu tempo, quere ver o mundo e a imaxe pictórica de forma nova, así que rompe a supremacía do debuxo e empeza a compoñer a base de manchas de cor e luz. Tamén se ispe do que entende como a "tiranía da perspectiva" e crea obras máis planas pero dunha modernidade visual que impacta.

 “Non pretendo pintar a natureza tal como é senón tal como eu véxoa”…pensa Manet.

IN: No río hai unha muller etérea que non se decata da miña presenza dentro do cadro. Está distraída, a súa beleza é serena e branca e concentra nela unha luzada que sae da auga e a envolve. É real ou é un sono? É a miña musa? Creo que máis ben é a musa dos tres parisienses que vexo ao fondo e que deseguida vos vou presentar. Avanzo xa camiñando entre árbores pouco naturalistas, sombreadas máis ben en morados, como se o negro estivese desaparecendo da paleta do innovador Manet.

OUT: Manet non pintou "Le Déjeuner sur l´Herbe" ao aire libre, é un cadro de estudo. O artista non buscaba o que na natureza hai de conmovedor senón un xeito ousado de explicar unha historia que puidesen entender os parisienses da súa época. Entendérono? Pois non todos, porque o cadro foi tomado como unha provocación carente de bo gusto.

"Que signifca este espazo incongruente no que os personaxes parecen estar pegados con cola nunha paisaxe que nada ten que ver coa realidade? Acaso Mesieur Manet non sabe medir as proporcións? Ela ispe e eles vestido?" dixo a crítica.

IN: Xa lles vexo máis de preto, camiño devagar para non lles asustar. Vitorine Meurent está completamente nua, o seu corpo é pura luz, aínda que Manet reflectiu perfectamente as sinuosas formas dunha muller real, das daquel París. Por primeira vez unha muller vulgar, e non unha deusa, íspese como protagonista dun cadro. Ao seu lado dous burgueses, perfectamente vestidos e que non parecen sentir estupor ante a nudez da moza. O cabaleiro recostado explica algo, o outro escoita pero tamén deixa voar a súa mente. Ela míravos a vós, espectadores, míravos con certo descaro, orgullosa de ser a alma desta pintura. A medida que me achego ulo as froitas e o pan do almorzo que está en primeiro termo e que se derrama para saírse dos límites do cadro.

OUT: Tratando de non pisar a tea azul nin o cesto, dou un salto e volvo á sala do Museo d´Orsay, por sorte non perturbei a paz do cadro, iso si, un xaponés viume saír da pintura... pero non creo que teña valor para desvelar o meu segredo. Esta obra de Manet mostrouse no Salón dos Rechazados tras ser excluída do Salón Oficial de París entre espaventos e resopridos de ambiente de Segundo Imperio (o de Eugenia de Montijo, a nosa it girl favorita). Manet estaba contando unha historia cunha linguaxe nova pero o noso artista, sabedor do peso da historia, ancoraba a súa transgresora obra a referencias da tradición pictórica renacentista. Así, "Almorzo na herba" é filla rebelde do "Concerto campestre" de Tiziano e en "A tempestade" de Giorgione. Manet fará homenjes pictóricos a dous dos seus artistas máis admirados, Velázquez e Goya. Ao primeiro a través da súa obra "El Pífano" e a Goya con "El balcón". Innovar cunha base de tradición é realmente rupturista, porque na arte, como na vida, TODO procede de algo e lévanos a algunha parte. (Grazas amigos, en breve un novo episodio de FaroInArt).


Leticia Pérez-Lafuente

'El faro de Hopper' é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicación, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte.

Visita el blog www.elfarodehopper.com / Facebook: El faro de Hopper / Twitter: @FaroHopper

Máis artigos de Leticia Pérez-Lafuente aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Leticia Pérez-Lafuente O faro de Hopper é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicació, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte. Faro de Hopper