Por O faro de Hopper - Leticia Pérez-Lafuente | Madrid | 07/10/2014
O petit problem, comeza cando os que as usan son líderes de opinión (xornalistas, directores de comunicación ou personalidades empresariais e culturais). A comunicación é o meu traballo e fíxome en como se expresan as persoas coa mesma intensidade que un deseñador de moda observa as teas ou un fotógrafo a luz.
SABEMOS dicir o que QUEREMOS dicir? Ou máis sinxelo: expresámonos con claridade? Hai unha delgada liña que separa utilizar as palabras de deixarse afogar por elas.
Para empezar, se as nosas palabras non son coxas, por que lles poñemos muletillas? Ás veces poden servir para reforzar a proximidade entre interlocutores, pero en xeral o único que fan é restar intensidade á mensaxe. Ao gran!
"Cres ti que, dalgún xeito, a túa experiencia na India influíu, consciente ou inconscientemente, nesta a túa primeira novela?” ...bufff, que viaxe tan longa!
Segundo intento: A túa primeira novela reflicte a túa experiencia na India?…mellor, grazas.
Non se trata de resumir sen criterio, as explicacións achegan pero as muletillas NON. Propoño utilizar unha pausa, o silencio sen máis, para logo pasar ao seguinte argumento, non? Este “non” o digo a propósito, pois é a miña máis odiada muletilla...
"Todos estamos implicados na difusión da lectura e sabemos que é importante, no?"…
Se, ou non? En que quedamos?
Segundo intento:"Todos implicámonos na difusión da lectura," (silencio) "pois sabemos que é importante"…Grazas, moito mellor.
Tamén é interesante deternos na rotundidade das afirmacións que cada día nos sobrevoan. Inclúo a pétrea frase feita: "Como eu sempre dixen…"
Dende cando o dis? E se o dixeches tantas veces por que o repites unha vez máis? Parece algo cómico, pero esta expresión toma protagonismo en faladoiros e debates. Utilízase para dar a entender que o que fala conta con experiencia reiterada sobre un tema concreto e que, como mosca cojonera, estivo a advertir á humanidade dos perigos que pendían sobre ela. Vexamos:
"Como eu sempre teño dicho...non se poder confiar nos bancos"
Meu Deus! En ningún? Entón estafáronche reiteradamente varios bancos? Deixo este post e saio correndo a retirar todo o meu diñeiro?
Isto asusta e provoca que encontremos ridículo a quen o di, a non ser que estea de broma.
A ver así:
"O panorama actual indícanos que non debemos confiar cegamente nos bancos."
Ben, xa estou máis tranquila, porque cegamente non se pode confiar en case nada.
No ámbito das presentacións en público é onde, estrañamente, máis loucuras lingüísticas e semánticas se observan. Isto non debería suceder xa que o contido e ámbito dunha presentación, xa sexa a un cliente, a un socio ou a un grupo social, prepárase minuciosamente e é posible grazas ao traballo de moitos profesionais. Entón, por que non sempre se utiliza unha linguaxe clara e eficaz?
Na área da Comunicación Corporativa realízase traballo exhaustivo pola experimentación e divulgación de novas formas de comunicar, creativas, amenas e correctas. Non obstante, por sorte para nós, queda moito por facer. Todos os implicados podemos contribuír a mellorar o uso da linguaxe, para que as palabras gañen impulso e nos leven máis lonxe.
En 2011, antes da importante presentación dunha compañía inglesa con sede en España, preguntei ao Brand Manager da marca principal do grupo:
“Ensaiaches a intervención que preparamos?”
“Nooooo” Me dixo convencido.
“Prefiro saírme do guión, ser natural e falarlles sen rodeos.”
Sen rodeos...? Mentras o Indiana Jones do verbo buscaba o seu Santo Grial pensei que non había muletilla que non tivese utilizado. Mentres se aforcaba coa soga da súa improvisación observei como o auditorio (españois, ingleses e xaponeses) buscaban baixo os seus asentos palabras sinxelas, palabras que puidesen entender. Por sorte o segundo relator teceu con tranquilidade a bandeira da claridade para facela ondear en nome da compañía.
Ambos os dous aprendemos, Indiana e eu. El a seguir co seu magnífico traballo como Brand pero a deixarse aconsellar polos consultores de comunicación contratados, e eu a non permitir, baixo ningún concepto, deixar que un cliente saia á arena en modo "improvisación".
Os profesionais da comunicación non debemos ter medo a dicir NON.
Non ante a improvisación sen sentido. Porque o noso asesorado ou cliente seguramente é un gran deseñador, ou avogado, ou científico, pero se falar en público non é o seu nunca debe improvisar, senón preparar o seu relatorio para logo darlle un toque persoal. Trampa? Diso nada! Ou é que un cirurxián se estrea nun transplante de alto risco ou un neno que aprende a nadar cruza o estreito na súa primeira saída ao mar?
Comparto esta reflexión. Non sempre é doado facernos entender, verdade? Nin no ámbito profesional nin no persoal. Pero, se ti es os teus actos, tamén es as túas palabras. Usémolas con estratexia e sumo respecto, eu a primeira, parécevos..? Hahaha
Leticia Pérez-Lafuente
'El faro de Hopper' é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicación, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte.
Visita el blog www.elfarodehopper.com / Facebook: El faro de Hopper / Twitter: @FaroHopper
Máis artigos de Leticia Pérez-Lafuente aquí.