My 21 warning shots. Londres Superlativo!

Tras a miña última ruta por Londres, que podedes chequear en Facebook e Twitter #FaroLondres, deixo aquí “My 21 warning shots”. Non hai conexión argumental entre elas. É comunicación, é marketing, é arte, é decoración, é gastronomía, mesmo algunhas non sei a qué categoría poderían pertencer. Son salvas de aviso do que ofrece a cidade, que se ben horripílame polo seu clima, namórame pola súa espontánea capacidade de acoller provocación e tradición nunha mesma rúa.

Por O faro de Hopper - Leticia Pérez-Lafuente | Madrid | 13/09/2014

Comparte esta noticia

1. Retratos de benvida e estraños inquilinos en jeans (lobby Victoria Plaza Park Hotel)

la foto 1

la foto 2

2. A remasterizada corta friame do Tozi, un italiano de escándalo absolutamente delicioso (sobre todo “il buffalo ricotta ravioli with black truffle”)

Tozi

3. Si, o lintel da porta do número 2 de Ecleston Street está completamente torcido, pero resiste.

puerta

4. Que vos parece o galo azul de Trafalgar Square? A min, sensacional, moi gallardo e digno. A pesar da oposición dos veciños máis conservadores de Westminster alí está, exemplificando que o inglés e o francés poden convivir nun mesmo espazo. Que pensarán os leóns do Almirante Nelson?

gallo

leon

5. Que pasaría se fósemos diminutos e vivísemos entre alimentos xigantes como uvas e xelatinas? Hipnóticos puntos de vista en Whitechapel Gallery.

fruta 2

fruta 1

6. Que sentes ao pasar dun Turner a un Rothko? Profundidade, cor que te traspasa. Experiencias da Tate Modern.

turner

Rothko

7. Dous artistas despídense de min na National Gallery, cada un ofréceme a súa flor. Un nenúfar e un xirasol. Monet e Van Gogh queren subirse ao faro.

la foto(2)

la foto(3)

8. Sentimentos transparentes. Vexo aquí a crónica do interior desta fermosa muller. (Stolenspace Gallery no barrio de Shoreditch)

stolenspace

9. Podería ser un Magritte pero é un John Stezaker.

no magritte

10. Está de moda derramar o café (Saatchi Gallery).

tetera

11. A Royal Family… Non terán a revista El Jueves pero dende logo teñen humor.

principe

12. Hora do té? Nooon, hora de chequear moda con aires clásicos en Club Monaco. Atentos ao seu escaparate tan “Cottage”.

la foto 12

la foto 2(1)

13. É este o mellor sándwich de parrulo de Chelsey? Podería ser, sobre gustos non hai nada escrito, a min sentoume xenial.

sandwich

14. Para comunicación calquera soporte é bo, máis se se move (taxi).

la foto(4)

15. A que o home louro do fondo recorda a Brad Pitt? Pois é unha obra dos 70, de Alex Katz.

la foto(5)

16. Malevich, dúas obras que mostran a súa asombrosa evolución e unha imaxe da súa etapa como profesor na escola de arte que Chagall fundou en Vitebsk. (Tate Modern)

Malevich

Malevich Impresionismo

Malevich Suprematista

17. Que Paul prefires? Neste caso me quedo con Paul Nash e a súa “Landscape from a Dream” (Abaixo a obra de Paul Klee) (Tate Modern)

Paul Nash

Paul Klee

18. Prohibido aburrirse! En casa de Giovanni e Jeanne Arnolfini hai tantos símbolos que descifrar…a fidelidade no cadelo, o coidado do fogar nos zocos, a divindade na única vela prendida da lámpada e ese espello do fondo. Vaia xogo proponnos van Eyck!

arnolfini

19. “Cando bailo sento como electricidade” Dicía… É magnífico Billy!

la foto 4

20. Realidade ou ficción? A verosimilitude da personalidade de Sherlock Holmes fainos crer que efectivamente residiu no 221B de Baker Street. Unha visita alucinante para os que somos fans. Sabías que o persoal do museo responde ás cartas poñéndose no papel do famoso detective? Iso si é “engagement corporativo”. Por certo, este outono o Museo de Londres dedicaralle unha amplísima exposición.

la foto 32

la foto(7)

21. Despídense de nos dous inquilinos da National Gallery (vídeo) ¡Ata pronto Londres!


Leticia Pérez-Lafuente

'El faro de Hopper' é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicación, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte.

Visita el blog www.elfarodehopper.com / Facebook: El faro de Hopper / Twitter: @FaroHopper

Máis artigos de Leticia Pérez-Lafuente aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Leticia Pérez-Lafuente O faro de Hopper é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicació, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte. Faro de Hopper