3 razóns para (NON perderse)

Neste novo artigo para 'El faro de Hopper' dareivos tres razóns para visitar exposicións actuais na cidade dende a que escribo, Madrid, xa sexa pola súa importancia ou pola súa singularidade, e que poidades gozalas cunha mirada diferente.

Por O faro de Hopper - Leticia Pérez-Lafuente | Madrid | 22/06/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

'La Fábulo' de El Greco. Museo del Prado
'La Fábulo' de El Greco. Museo del Prado
"Integrantes de la palangala" ©Francisco Ontañón. Cortesía Galería Arte Sonado

PhotoEspaña 2014 (4 de xuño-27 de xullo) Circuíto de exposicións.

1. Por Antoni Arisa, Chema Conesa, Alberto García-Alix e Lilliam Bassman entre outros fotógrafos de primeira fila que expoñen a súa obra.

2. Porque é unha forma de recorrer as mellores salas de Madrid. Hai exposicións de fotos en múltiples espazos.

3. Porque inclúe concursos e seminarios en torno á fotografía e todos, incluso os fotógrafos por afección, podemos participar.

552139_396151673825712_999837618_n

'Integrantes de la palangana' © Francisco Ontañón. Cortesía Galería Arte Sonado. PhotoEspaña
'Integrantes de la palangana' © Francisco Ontañón. Cortesía Galería Arte Sonado. PhotoEspaña
"La salita" de Equipo Crónica

Museo Thyssen- Bornemisza. “Mitos del Pop” (10 de xuño-14 de setembro)

Museo Reina Sofía. “Richard Hamilton”  (27 de xuño-13 de outubro)

1. OK, Warhol é esencial. Pero seguro que queres coñecer a aportación de Wesselmann ou Lichtenstein ao Pop Art (descúbreo no Museo Thyssen)

2. Por ser a obra póstuma de Hamilton. O propio artista deseñou esta expo especialmente para o Museo Reina Sofía antes da súa morte en 2011.

3. Porque pagas unha vez e vives dúas experiencias. Cunha entrada podes visitar ambas exposicións (a do Thyssen e a do Reina Sofía).

552139_396151673825712_999837618_n

"James Dean (Lucky Strike)" de Ray Johnson

Museo del Prado “El Greco y la pintura moderna” (24 de xuño-5 de outubro)

1.  Sabes canto influíu El Greco en Manet, en Pollock ou en Saura? Porque a súa sombra (o mesmo que os seus personaxes) é alongada.

2. Para actualizar a túa propia opinión. É un dos autores que artistas e estudosos máis revisaron. A Ilustración do XVIII repudiou a súa obra mentres que os románticos do XX e mais tarde os intelectuais do 98 a revindicaron.

3. Porque é o seu ano (IV centenario da súa morte). Exploremos a súa obra e a súa personalidade.

552139_396151673825712_999837618_n

"La Fábula" de El Greco

Fundación Juan March. “Medios mínimos, efecto máximo” Josef Albers. (Ata o 6 de xullo)

1. Porque cando de mozo padeceu a pobreza, fixo un arte novo con obxectos que os demais tiraban. Interesante, verdade?

2. Pola súa achega como artista e docente (esta mostra inclúe obras dos seus alumnos de Yale)… Debeu ser deses profesores que deixan pegada…

3. Porque “menos é mais”. Obras de alta potencia baseadas en menos artificios.

552139_396151673825712_999837618_n

"Homenaje al cuadrado: Protegido" de Josef Albers

Leticia Pérez-Lafuente

'El faro de Hopper' é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicación, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte.

Visita el blog www.elfarodehopper.com / Facebook: El faro de Hopper / Twitter: @FaroHopper

'James Dean (Lucky Strike)' de Ray Johnson. Museo Thyssen
'James Dean (Lucky Strike)' de Ray Johnson. Museo Thyssen
'Homenaje al cuadrado: Protegido' de Josef Albers. Fundación Juan March
'Homenaje al cuadrado: Protegido' de Josef Albers. Fundación Juan March
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Leticia Pérez-Lafuente O faro de Hopper é un espazo para gozar da arte e explorar a comunicación das marcas que forman parte da nosa vida. Leticia Pérez-Lafuente Suárez anímavos a descubrir que hai detrás dun cadro ou dun logo. Natural de Vilagarcía, realizou os seus estudos de xornalismo entre Madrid e Italia. Traballou no Faro de Vigo e as emisoras COPE e SER en Vigo. Actualmente reside en Madrid onde, tras especializarse en Consultoría de Comunicació, traballa para Heineken España e Leroy Merlin entre outras marcas. Publica habitualmente na revista Madrid Histórico e continúa a súa formación en estratexia de comunicación e arte. Faro de Hopper