Artigos de Maxi Vázquez S.

Cualedro Zona cero

Tras unha semana de lume, Cualedro e os concellos limítrofes de Xinzo, Trasmiras e Baltar, deixaron de arder… que barbaridade, non é? Pois, depende.

O leite galego: An inconvenient truth

Corría o ano 2007, cando o ex vicepresidente Al Gore publicaba o seu libro titulado Unha verdade incómoda. Neste comentario non vou facer mención ao cambio climático nin á disputa entre negacionistas e quentólogos, como adoito chamar coloquialmente. Limitareime a aproveitar o título, pois, cando se aborda un problema, convén procurar analizalo sen supostos previos se a intención é a desolventalo. Senón, sempre temos a opción de constituír unha mesa, un comité ou calquera outro órgano colexiado no que a responsabilidade e o fracaso poida ser partillado e minorado alicuotamente entre todos os seus compoñentes.

O que o 24M deixou e levou en Santiago

O pasado 24 de maio celebráronse as eleccións municipais máis diversas e plurais da historia. Ou, quizais, o que aconteceu foi simplemente que a transición chegou ao noso concello e ao noso país.

Que rexeneración democrática?

O grao de deterioro alcanzado polas nosas institucións fai que sexa raro o partido que non demande un proceso de rexeneración democrática e que se declare disposto a encabezala. O problema non está nas marabillosas declaracións de intencións que se poidan facer, pois en política as palabras soas non xeran iniciativas que logren un funcionamento máis democráticos das institucións nin un mellor benestar da cidadanía, senón na falta de lexitimidade moral de moit@s candidat@s que concorren a estes comicios. Para intentar ilustrar todo isto de xeito máis concreto porei un par de exemplos.

Cociña a lume lento, non fast food

Entre as cousas que máis me chamaron a atención a respecto das enquisas publicadas estes días sobre a intención de voto das próximas eleccións municipais galegas está o feito de que se lle dea tanto peso a unha forza como Ciudadanos. Digo que me chama a atención, pois nuns comicios que acostuman centrarse tanto en proxectos concretos e na proximidade das persoas que se presentan, resulta extraño que se lle dea posibilidade de representación a unha forza sen implantación no noso país e cuxas listas foron presentadas no último minuto sen que houbese tempo para coñecer quen son os seus membros.

A vía galega para Santiago

A incapacidade dos partidos políticos que practicamente monopolizaron o poder no sistema xurdido na Transición, á hora de solucionar os problemas da cidadanía provocou que agromasen diversas fórmulas que se arrogan conceptos como a “terceira vía” (UPyD, Ciudadanos) ou representaren a “unidade popular” (Podemos). Trátase de partidos que teñen en común buscar o seu crecemento no descontento popular e en situar o seu centro de decisión fóra de Galicia, ora en Madrid (Podemos, UPyD) ora en Barcelona (Ciudadanos).