Artigos de Xesús Veiga

Os días de Feijóo

Alberto Núñez Feijoo leva mais de 2000 días como máximo responsábel executivo do goberno galego.A pesar do balance mediocre que pode presentar despois dun período temporal tan prolongado –e quen desexe comprobalo, polo miúdo, pode consultar os DOG dos seis últimos anos-, non dubida en formular fortes descualificacións da xestión dos 100 primeiros días dos gobernos municipais presididos pola oposición, sobre todo daqueles que dirixen as cidades de Santiago, A Coruña e Ferrol.

Outono electoral no sur de Europa

O día 20 en Grecia. O 27 en Catalunya.E o 4 de Outubro en Portugal.Nas vindeiras tres semanas van ter lugar citas electorais moi relevantes no sur de Europa.

As vellas prácticas continuan

Dende que o malestar de amplos sectores sociais exhibiu a súa intensidade nas prazas e rúas a partir do 15-M de 2011, a case totalidade dos analistas e dos estudos demoscópicos veñen afirmando a consolidación dunha fenda entre o corpo electoral e a meirande parte dos representantes institucionais.O éxito de Podemos nas eleccións europeas de 2014 e os bos resultados obtidos por diversas plataformas unitarias na cita do pasado 24 de Maio certificaron a envergadura da desconfianza que está afectando ao desenvolvemento da vida política.

Un 25 de xullo diferente

Aínda que resultou evidente que o Día da Patria deste 2015 mobilizou un maior número de persoas que en ocasións precedentes, a principal transcendencia do acontecido radicou na especificidade da convocatoria.Por primeira vez dende 1982, o formato experimentou unha modificación substantiva:no canto de ser un chamamento exclusivo do BNG (coas lóxicas consecuencias que se derivaban na plasmación do propio desenvolvemento da manifestación e no acto final da Quintana) houbo agora unha comisión de persoas que promoveron un manifesto para convidar ás persoas e organizacións que compartisen esta nova iniciativa.

A crise grega

O referendo grego do pasado día 5 foi unha boa proba para medir a solvencia democrática dos dirixentes políticos que administran as institucións da UE e dos Estados que forman parte do club da moeda única.Comprobadas as reaccións rexistradas antes e despois da consulta, a conclusión é preocupante:a case totalidade dos implicados non superan o test de calidade que cabe esixir ás persoas que ostentan semellantes responsabilidades.

Nin cen horas de tregua

Nin cen días, nin cen horas.Os novos alcalde da Coruña, Santiago e Ferrol tiveron que aturar fortes descualificacións por non acudir aos actos da chamada “Ofrenda do Antigo Reino de Galiza ao Santísimo Señor Sacramentado” celebrados na cidade de Lugo.

As mensaxes das urnas

As análises sobre a cita electoral municipal do pasado día 24 deben ter presente a coñecida singularidade que caracteriza a estes comicios.