Artigos de Xesús Veiga

Apoloxía do continuismo

As primeiras decisións tomadas por Núñez Feijoo no inicio do novo mandato como presidente da Xunta revelan unha preocupante lectura dos resultados electorais do pasado 21 de Outubro.

Retos para a nova lexislatura

Comezou a nova lexislatura no Parlamento galego.As novidades principais xa son coñecidas:maior marxe numérica na hexemonía do PP, redución notábel da representación do PSdG e do BNG e aparición dunha nova forza política –AGE- cunha presenza destacada.

Algunhas lecturas do 21-O

Os resultados das eleccións galegas do pasado 21-O permiten facer diversas lecturas analíticas por mais que o limitado espazo dun artigo de opinión non permita expresalas coa desexada amplitude e cun acaído tratamento sistemático.

Medias verdades e xogos contabeis

Con motivo das detencións e imputacións xudiciais realizadas ao abeiro da chamada “Operación Pokemon”, Alberto Núñez Feijoo presumiu de código ético a respecto das demais formacións políticas.

Do Feijóo 09 ao Feijóo 0,0

Na sala de máquinas que pilota Alfonso Rueda xa teñen deseñado o guión da confrontación argumental para o 21 de Outubro.O PP vai disparar o arsenal mediático sobre dous obxectivos principais:descualificar a alternativa gobernamental que puideran construír as forzas da oposición e capitalizar as marxes de confianza que destilan os inquéritos existentes a respeito da propia figura do actual presidente do executivo galego.

O cálculo de Feijóo

Amparado na potestade exclusiva que posúe para decidir o calendario electoral, Núñez Feijoo realizou unha demostración práctica da erótica que proporciona o uso do poder.Mantivo a incógnita até o derradeiro minuto do prazo legal para exacerbar ao máximo a escenografía na que el decide e os demais (forzas políticas, medios de comunicación) teñen que aturar as consecuencias.

Outro discurso e outras propostas

O laboratorio electoral de Feijoo-Rueda, S.L. está a pleno rendemento.Preocupados pola rápida destrución que está provocando o goberno Rajoy na credibilidade social da marca PP, buscan desesperadamente unha fórmula técnica que lles permita evitar a derrota nas vindeiros comicios ao Parlamento galego.Saben que a garantía total non está asegurada debido á notábel volatilidade que se rexistra, tamén, no mercado político pero son conscientes de que as regras que fixan as características do xogo electoral poden resultar decisivas.

Méndez e Gayoso

Non está demostrado que Abraham Lincoln fora, efectivamente, o autor da frase pero, aínda así, ficou colocada no libro das citas mais célebres:”pódese enganar a todo o mundo algunha vez e a algunha persoa todo o tempo, pero non se pode enganar a todo o mundo todo o tempo”.