Artigos de Manuel H. Iglesias

Tempo bo e tempo malo

Dende os anos sesenta do século pasado cando o retranqueiro Sr. Arturo, alcumado o Farranchán, con moita sorna falaba do tempo porque lle preguntaban os veciños, moito cambiaron as cousas.

Manterse no poder polo poder

Di a conselleira de Medio Rural que a culpabilidade dos lumes é soamente dos incendiarios. Pois claro, o que planta é o que comete o delito. Pero si soamente nos quedamos nesa frase, pódese dicir que seguimos errados e que non vemos máis lonxe da nosa sombra.

Tristura e incertidume

Dous son os acontecementos recentes que a moitos cidadáns nos causan tristura e certa incertidume. Acontecementos distintos que poñen de manifesto que unha fonda crise gravita sobre a sociedade actual. O primeiro dos casos refírese a vaga de lumes que asolaron a nosa terra. 34.000 hectáreas de monte arrasadas, casas queimadas, catro persoas mortas e milleiros de animais salvaxes chamuscados é o balance que nos deixa tal calamidade. As causas parecen diversas e complexas, pero o poder político despáchase dicindo que isto é soamente un asunto de terrorismo feito por grupos organizados. E seguindo tal relato non é capaz de presentar ningunha medida para atallar tal mal que ano tras ano se repite como unha maldición que caiu sobor de nós. Lonxe quedan (nove anos atrás) as estámpas dun Feijoo apagando un lumiño cunha mangueira de xoguete e prometendo rematar co problema si gobernaba. Lonxe queda a medida que o único goberno, o do bipartito PSOE-BNG, poñía sobre a mesa: as Áreas de Xestión Forestal para atacar un problema que ten de fondo a desaparición e o abandono do rural e a desvalorización do sector primario. Outra medida daquil goberno foi o Banco de terras que, dende aquela os mandatarios da Xunta ignoraron intencionadamente. Medidas que Feijoo desvalorizou e desfixo sin presentar nada mellor que poidera alumar algo de espranza sobre iste asunto. E a día de hoxe seguimos aturando esta malediciencia como se fose unha praga que soamente se apaga e remata cando hai choiva.

O conformismo como meta

Se nos atemos ó discurso que o voceiro parlamentario do PP deu no debate da Autonomía e mesmo o do presidente, poderíamos dicir que, para Feijoo e o seu goberno, o futuro de Galicia segue a ser ilusionante. Ou sexa, que os galegos vivimos de ilusións e promesas, e todos esperamos polo futuro que, segundo dín, será moito mellor co presente.

Incerteza

Se antes do un de outubro tiñamos interese en saber o que acontecería en tal data, e despois de ver as imaxes tristeiras e violentas que deron a volta ó mundo, e tamén de escoitar ó presidente Rajoy falar e dicir o mesmo de sempre, a incerteza da solución sobre o asunto catalán aumentou de maneira importante.

Preparando a negociación

Empezarei afirmando que non son arredista, pero si un firme defensor de recoñecer as diversas realidades políticas que conforman actualmente o Estado sen ambigüidades. Con todo, o pulso que mantén a día de hoxe a Generalitat co goberno polo tema do referendo en Catalunya, lévame a reflexionar sobor deste tema.

Ourensáns no esquecemento

“Non son todos os que están, nin están todos os que son”. Iste dito popular váleme para argumentar o que a continuación exporei.

A rebeldía permanente

Leo no xornal que nun grupo político, un sector, propón estar sempre nunha rebeldía permanente que non se someta a normalización política nin á homologación con forzas que chaman do réxime; mentres outros avogan por traballar mais pegados á realidade social e os problemas que ten a xente.