Así o explicou o presidente galego, Alfonso Rueda, quen tamén destacou que a Xunta está a recibir "moitas peticións de información" doutras comunidades con costa para facer "unha normativa similar" que lles permita tamén "exercer estas competencias".
O portavoz do PP local, Borja Verea, demandou ao Concello que faga público "o informe de patrimonio desfavorable" das actuacións das festas da Ascensión con grandes camións no Obradoiro. A alcaldesa defende que as cuestións organizadas pola administración local "non teñen que pasar pola Comisión de Patrimonio".
Besteiro ve na vitoria de Illa "o fin da fábrica de producir independentistas" do PP. Distintos dirixentes galegos valoran xa o resultado dos comicións cataláns que deron a vitoria ao socialista Salvador Illa.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, afirmou que o seu departamento ten "un reto difícil, pero ilusionante" e mostrouse convencida de que a Xunta o "vai a solucionar".
Advertiu de que a decisión que tomou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pasado 22 de abril, supón "un gran paso atrás" na aposta polas políticas públicas ligadas ao monte e á industria da madeira.
Trasládalle a necesidade de "un espírito de colaboración e entendemento mutuo" en asuntos crave, "que redundará no beneficio común de Galicia e de España".
"Converteremos o despoboamento rural nunha prioridade de ámbito europeo, incorporando beneficios automáticos na concesión de fondos europeos para as rexións máis despoboadas e aumentaremos o orzamento da PAC, asegurándonos de que inclúe e respecta as particularidades do medio rural galego", explicou Paula Prado.
Paralelamente, preguntaron sobre a disposición do Goberno de construír unha vía alternativa que permita retirar o tránsito dos principais núcleos de poboación polos que discorre na provincia de Ourense.