Defensa da Sanidade Pública pide "acabar coa marxinación e a pobreza de recursos" na Atención Primaria

Solicita unha reforma para "acabar cos recortes aplicados pola Xunta durante a crise".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2019 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública pediu este domingo unha reforma para mellorar a Atención Primaria en Galicia e "acabar cos recortes aplicados pola Xunta durante a crise", polo que solicitaron, entre outras cousas, "acabar coa marxinación e a pobreza de recursos".

Médico
Médico | Fonte: Europa Press

A asociación anunciou a convocatoria dunha reunión que terá lugar o vindeiro martes 23 de xullo para tratar "reflexións e propostas" e constituír as 15 comisións para a reforma da Atención Primaria.

A asociación busca "cambiar o actual modelo" que considera "obsoleto e incapaz de dar solucións aos problemas de saúde e ás demandas asistenciais da poboación".

Entre os cambios suxeridos pola asociación está acabar coa "marxinación e pobreza dos recursos", dotar á Atención Pública de "autonomía de xestión", ampliar os equipos multidisciplinarios para poder prestar unha atención integral e transformar o eixo vertebrador do sistema para satisfacer as necesidades da poboación.

Ademais, tamén busca "recuperar as prazas de persoas perdidas polos recortes", incrementar as prazas de enfermaría, ampliar persoais para dispor dun tempo adecuado de atención aos pacientes e evitar a "masificación" nas consultas médicas cun límite de 30 ao día, entre outras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta