A compañía catalá Vall Companys adquire a planta de carne de coello de Cunicarn en Celanova

A empresa asegura que manterá todos os postos de traballo.

Por Europa Press / Redacción | Celanova | 22/07/2019 | Actualizada ás 21:02

Comparte esta noticia

A empresa do grupo agroalimentario Avigal, pertencente ao grupo Vall Companys, adquiriu o centro de produción de carne de coello que a compañía catalá Cunicarn tiña en Celanova (Ourense), unha operación coa que a compañía especializada na cría e a comercialización de carne de porcino, avícola e gando entra na produción de carne de coello.

Planta de carne de coello de Cunicarn en Celanova
Planta de carne de coello de Cunicarn en Celanova | Fonte: Google Maps

A firma do acordo de compra-venda formalizouse o pasado venres, informou a compañía agroalimentaria de orixe leridano.

O Grupo Vall Companys garante o mantemento dos postos de traballo do centro de produción en Ourense, subrogando os contratos de 49 profesionais que traballan nas instalacións que teñen unha capacidade produtiva de preparación de 3 millóns de coellos ao ano.

A xestión de Avigal no centro de Celanova tamén garantirá as relacións comerciais cos 30 provedores que tiña Cunicarn e os 60 gandeiros independentes cos que se ten contrato de subministración.

O Grupo Vall Companys é un grupo agroalimentario de carácter familiar fundado en 1956 en Lleida que traballa cun modelo de integración de todas as fases do proceso produtivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta