Suspendida en Meis unha festa con mozas en 'topless' e churrasco

O club suspendeu a festa de mozas semiespidas e churrasco gratis para a clientela tras ordenar o concello a súa paralización.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 02/08/2019 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

Segundo explicou a Europa Press a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, da organización desta festa, que incluía a inauguración dunha terraza tipo 'chill-out', tiveron coñecemento por anuncios de radio e polos comentarios xurdidos no municipio.

Tras ter constancia diso, comprobaron que a terraza que pretendían inaugurar non tiña permiso municipal, polo que se fixo unha inspección por parte do concello. Tamén se pediu un informe ao asesor xurídico que trasladou que a actividade prevista coas mozas en 'topless' "estaba expresamente prohibida pola Lei de Espectáculos Públicos de Galicia", comentou a rexedora.

Por outra banda, sinalou que o Concello tamén se puxo en contacto coa Fiscalía e a Garda Civil, neste último caso para que notificase ao local a orde municipal sobre a paralización da actividade prevista.

Con todo, a alcaldesa precisou que un representante do local comunicou que "pola presión mediática xa ían desmontar as carpas", explicou sobre a decisión de suspender a festa prevista. Con todo, Marta Giráldez confirmou que pediron á Garda Civil que verifique se finalmente é así.

"Non tiñan licenza municipal e imaxínome que saben que isto non se pode facer", expuxo a alcaldesa, quen avanzou que van revisar as licenzas concedidas aos dous clubs de alterne que hai en Meis para ver "se se axustan" aos termos dunha concesión outorgada durante o goberno do PP, segundo lembrou.

Club onde ían organizar un churrasco con mozas en topless
Club onde ían organizar un churrasco con mozas en topless | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Aviso a navegantes

Colesterol+tetas= pecado mortal

1 Xan de Rianjo

Pechouse o circulo: a inquisición feminista de esquerdas pensa o mesmo que a Santa Inquisición da Igrexa. E as duas mandan calar.