Denuncian ante a Fiscalía de Medio Ambiente o trazado da Vía Ártabra entre Cambre e a Autovía A-6

Denuncian "as irregularidades na súa tramitación".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/08/2019 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia



A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) denunciou ante a Fiscalía de Medio Ambiente o trazado da Vía Ártabra entre o polígono de Cambre (A Coruña) e a autovía A-6 "polo seu elevado impacto ambiental, non avaliado conforme á lexislación vixente, e as irregularidades na súa tramitación", segundo informa a entidade.

En concreto, explica que o pasado 1 de agosto denunciou ante a Fiscalía o estudo das alternativas do trazado da Vía Ártabra ao considerar que se incumpre o 'Plan Sectorial da Rede Viaria da Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Sada e Bergondo'.

Tamén sostén que "presenta maior afección ambiental, un maior custo económico e peor articulación territorial ao modificar o trazado proposto polo Concello de Cambre". Ademais, argumenta que afectaría "de maneira crítica" ao humidal da Gándara e que "degradería irreversiblemente o sistema fluvial", sinala, entre outros argumentos na súa denuncia.

"Ignorando conscientemente estes feitos, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental estimou como ambientalmente viable o proxecto sen sometelo a unha avaliación de impacto ambiental", engade.

Ao considerar que podería haber, en relación ás actuacións administrativas levadas a cabo, posibles responsabilidades penais por parte do director do proxecto e altos cargos da Consellería de Infraestruturas, a SGHN solicita á Fiscalía de Medio Ambiente que investigue "a posible existencia de responsabilidade penal polos feitos denunciados, así como a paralización das obras do proxecto".

Ethel Vázquez na presentación da prolongación da Vía Ártabra. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS
Ethel Vázquez na presentación da prolongación da Vía Ártabra. CONSELLERIA DE INFRAESTRUTURAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Era visto

Va a ser un poco tarde.... Gelo ya le ha puesto un chalecito a varios de la Xunta en la nueva urbanización del campo de Golf. Feijoo en breve también cambiará de domicilio en Oleiros. Recordemos que vivimos en España y aquí esto es lo normal