O rural tamén produce e difunde cinema

Entrimo acolle desde este mércores a terceira edición dos 'Encontros Arraianos de Cinema Rural'.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/08/2019 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O municipio ourensán de Entrimo acollerá entre este mércores e o xoves a terceira edición dos 'Encontros Arraianos do Cinema Rural', que fusionan cinema, literatura, música e humor.

Organizado por Arraianos Producións e o Concello de Entrimo, neste evento será nomeado 'arraiano maior' o músico e escritor Xurxo Souto e a Asociación Portuguesa de Tracción Animal recibirá unha mención especial polo seu labor.

O programa arrinca o mércores ás 10,00 horas co 'Roteiro arraiano de Concertinas', de Olelas ata O Ribeiro de Abaixo. Xa o xoves, ás 18,30 horas, terá lugar o paseo en burro pola Alameda da Terrachán de Entrimo e o acto de nomeamento de Xurxo Souto como 'arraiano maior da Raia Seca de 2019'.

A continuación, ao redor das 19,30 horas, terá lugar a mesa redonda 'Arredor de Nós, con talento propio', apadriñada por Manuel Mandianes, no salón de actos do Concello e presentación do número III da revista cultural 'O Picaraño'.

Pola noite haberá os 'Contos de contrabando', de Quico Cadaval, ás 22,00 horas na Alameda da Terrachán e, como final da noite, ás 23,00 horas, sesión de cinema ao aire libre aí mesmo.

Cartel de Arraianos de Cinema Rural 2019. ARRAIANOS
Cartel de Arraianos de Cinema Rural 2019. ARRAIANOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta