Dimite o presentador do Telexornal Alfonso Hermida

O Comité interempresas da CRTVG denuncia a actitude de Alfonso Sánchez Izquierdo e doutros directivos que fuxiron cando a sede da TVG foi asaltada por manifestantes das preferentes. Piden unha comisión de investigación no Parlamento mentres a crise cóbrase a súa primeira vítima mediática.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 02/04/2012 | Actualizada ás 18:02

Comparte esta noticia

"Para o Interempresas é absolutamente inaceptable a fuxida do Director Xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, que no canto de permanecer no interior das instalacións nos momentos máis graves do conflito, como era o seu deber, optou por protexer a súa integridade, xa que foi visto por varios traballadores e traballadoras nos arredores do centro de San Marcos xusto no momento de maior tensión", sinalan os representantes dos traballadores ao referirse a protesta protagonizada polos afectados polas preferentes.

None

 

E é que os representantes dos traballadores da CRTVG sinalan que esta actitude mesmo poden ser "constitutivos de delicto". Ademais, denuncian que a dirección da empresa pretende desviar a atención sobre as súa "gravísima deixación de responsabilidades" coa apertura dun expediente informativo no que se chega a afirmar que “para a perpetración de tal desatino resulta necesaria a complicidade ou colaboración, activa ou pasiva, de persoal propio da CRTVG,” en referencia ao asalto. O Comité anuncia que vai acudir aos tribunais para denunciar esta calumnia.

 

Nun comunicado, o Comité Interempresas denuncia as "graves irregularidades" cometidas pola dirección da Compañía que supuxeron a posta en perigo da integridade física e moral dos traballadores durante o asalto ás instalacións da CRTVG por parte dunhas 150 persoas afectadas pola estafa das chamadas “participacións preferentes”.

 

Exercer de "intermediarios"

 

O Comité lamenta que a dirección unicamente se preocupase en todo momento pola integridade das emisións e do propio Director Xeral mentres estaba en perigo a seguridade dos profesionais e das profesionais. "Esta situación motivou que a representación sindical e outros traballadores debesen exercer de intermediarios cos asaltantes, en defensa dos compañeiros e compañeiras  e para evitar un conflito maior, unhas funcións que correspondían aos responsables da CRTVG, algúns deles presentes durante os incidentes, pero que en ningún momento asumiron a súa obriga de protexer ao cadro de persoal", apunta.

 

Neste sentido, critica que un dos instrutores do expediente informativo co que se pretende averiguar os feitos e determinar as responsabilidades é o máximo coordinador da seguridade do centro e, polo tanto, unha das persoas cuxa actuación durante ese día "necesariamente ten que ser investigada".

 

Manipulación

 

Ademais, lembran que os afectados polas preferentes que invadiron o centro esgrimiron como causa a manipulación informativa que entenden que realizan a TVG e a RG ao respecto do seu caso. "Unha práctica denunciada en reiteradas ocasións polo Comité Interempresas que xa puxo en perigo aos profesionais do ente en anteriores ocasións", sinalan.

 

Por iso, o  Comité acordou solicitarlle unha xuntanza a todos os grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia para pedirlles a creación dunha comisión imparcial que investigue estes gravísimos feitos.

 

Velaquí un vídeo do incidente remitido por un dos afectados:

Ao fío do tratamento do asalto por parte da TVG, demitiu onte o presentador do Telexornal noite o xornalista Alfonso Hermida. O informador mantiveron choques coa dirección da TVG sobre o tratamento informativo das noticias e sufrira a apertura dun expediente por presentar un simulacro de telexornal durante unha mobilización dos sindicatos do ente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

7 dimisións xa!

O de Alfonso foi un paso valente que moitos teñen na cabeza. Son moitos os redactores que xa non aguantan a manipulación da dirección da TVG e a manipulación d@s directores dos telexornais. É insufrible, insoportable e inaceptable. Con diferenza esta é a peor época da TVG, e este sentir é compartido por xente de diferentes ideoloxías. Non se pode permitir, dimisións xa! Non hai outra opción.

1 Quintaniña

Alfonso, todos contigo. É algo que te honra demitir. Ti e moitos compañeiros estades profesionalmente e políticamente discriminados. Xa que non valoran o voso traballo, eu de vós deixaría a Telegaita. En V Televisión, Localia, TV Correo ou mesmo en Madrid teríades mais recoñecemento e mellores condicións laborais.

6 rasputín

Tarde piaches, Alfonso... Precisaches de tres anos de burda manipulación pra caer da burra... Outros marcharon antes, por diginidade...

1 san marcos

E quen marchou antes???? Refréscame a memoria porque non caigo.

5 ASO

Unha demostración de dignidade e de que algúns profesionais da CRTVG nada teñen que ver cos seus directivos. Parabéns, Alfonso!

4 undamariña

alfonso , ànimo e pronto estaràs de volta xa o veràs. Oxalà sexas o ùltimo en ter que facer isto. TVG manipuladoreeeeeeesssssssssssssssssssssssssssss

3 compañeiro

Alfonso : agora si, tiveches dignidade. Parabéns.