Conceden Premios Alecrín 2019 á pintora Maite Vázquez e a emprendedora Mercedes Lindoso

Ao evento, organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, xunto co secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A pintora Maite Vázquez, a emprendedora Mercedes Lindoso ou á Banda Musical Isabel II de Touro foron galardoados pola súa traxectoria nos Premios 'Alecrín 2019', que foron entregados este venres en "recoñecemento do talento" e o interese por "difundir" a lingua e a tradición da comunidade máis aló de Galicia

Ao evento, organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Cataluña, asistiron o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, xunto co secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Así, o secretario xeral destacou entre os premiados a Maite Vázquez, que proxectou o seu traballo en América e Europa "sen esquecer as súas orixes en Castro Caldelas", así como a Banda Musical Isabel II de Touro, polo seu traballo a "favor da tradición musical das bandas galegas". Ademais, sinalou a Mercedes Lindoso, emigrante lucense que levo o seu "espírito emprendedor" a Barcelona creando 'Reformas Carrete e Lista de Vodas Lindoso'.

Pola súa banda, na súa intervención, Rodríguez Miranda fixo fincapé en que os premios ademais de supor un "gran recoñecemento" do talento, tamén mostran a "capacidade dos galegos". "Esta cita anual lémbranos gran parte do que somos e do que podemos chegar a ser", comentou.

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, na entrega dos Premios 'Alecrín 2019'. XUNTA
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Anxo Santalices, na entrega dos Premios 'Alecrín 2019'. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Pilar Calvo

E qué pintan nun evento así os representantes dun partido político español (ppdg) que desexa a desaparición do galego e que traballa activamente na súa asimilación ó castelán?