Adega denuncia a situación de "abandono" do parque contra a violencia de xénero en Ourense

A falta de rego e de auga fixo que moitas das árbores morreran nesta tempada, aseguran dende a Asociación para a Defensa da Natureza de Galiza.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 14/08/2019 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Delegación en Ourense da Asociación para a Defensa da Natureza de Galiza (ADEGA) vén de formalizar unha denuncia debido á situación "lamentable" en que se atopa o parte 25 de novembro na parroquia de Reza. Foi a través de diversas queixas veciñais como a Asociación tomou coñecemento do estado do parte que rende homenaxe ás vítimas de violencia de xénero. A falta de rego e de auga, denuncian, fixo que moitas das árbores morreran nesta tempada. 

Imaxe do parque 25 de novembro de Reza, Ourense
Imaxe do parque 25 de novembro de Reza, Ourense | Fonte: remitida

Fronte a esta situación, ADEGA solicita "información e medidas urxentes a tomar" en relación á "gravísima situación" das árbores. Apelan, deste xeito, a un arranxo, tanto polas árbores, coma polos veciños de Reza e polas vítimas da violencia machista. 

Imaxe do parque 25 de novembro de Reza, Ourense
Imaxe do parque 25 de novembro de Reza, Ourense | Fonte: remitida
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta