Conde Roa tenta de novo censurar sen éxito a Leo Bassi

"Os militantes do PP pagan menos por ver os meus espectáculos, fago desconto aos discapacitados" di o artista na súa rolda de prensa, prevista no Concello, pero que o alcalde de Santiago vetou. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/04/2012 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Curiosidades do destino. Ao mesmo tempo que o alcalde de Santiago dá contas no xulgado por non pagar case 300.000 euros de impostos, Leo Bassi tiña previsto dar unha rolda de prensa no municipio, invitado polo BNG. O cómico ía explicar como tivo que buscar outro local para actuar en Compostela, pois o Xerardo Conde Roa vetou que alugara o Teatro Principal onde tiña previsto actuar o pasado martes.

Conde Roa volveu vetar ao bufón, pois prohibiu que o artista utilizara a habitual sala de prensa do concello. Por iso, Leo Bassi tivo que comparecer nas oficinas municipais do Bloque,. Velaquí o momento en que Rafa Villar, concelleiro nacionalista, explica canda Bassi o sucedido, nun vídeo subido polo usuario 'BravoJorgeFernandez':

O vídeo da rolda de prensa:

Outro vídeo coa secuencia completa:

As redes sociais xa están acesas coa polémica. "É curioso que impidan a Leo Bassi un acceso ao Concello e Conde Roa poda expor alí os seus pufos persoais" é unha das frases máis retwitteadas". Fai referencia a que o político usou o Concello para dar unha rolda de prensa na que explicou que non pagou os impostos porque tiña que abonarlle aos provedores das súa construtora e mesmo chegou a proxectar un vídeo dunha das súas urbanizacións.

 

Críticas á igrexa

Bassi, disfrazado de gaiteiro, non se calou na súa improvisada comparecencia. "Eu quero que os caciques, os banqueiros, os poderosos paguen os seus impostos para que haxa menos recortes", indicou. Nas redes sociais tamén o citan dicindo que "os militantes do PP pagan menos por ver os meus espectáculos, fago desconto aos discapacitados".

Na súa comparecencia, o cómico lamentou que o volveran censurar e dixo que detrás de todo isto, ademais do PP, está a Igrexa Católica. "O que queren é que nos pronunciemos libremente. Eles poden atacar aos gays e nós non podemos falar mal deles", dixo.

Leo Bassi tamén lembrou que el non recibe subvencións e que vive do que cobra en taquilla. Por iso, sinalou, "é unha incongruencia" a postura de Conde Roa porque "o ministro de Cultura di que os artistas debemos vivir do que recaudemos en taquilla". "Eu fago iso pero o señor alcalde resulta que non me deixa", ironizou.

Actuación na Facultade de Comunicación

O cómico actuará hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación. Fará dous pases, debido en parte pola polémica que axudou a alimentar Conde Roa.

Está por ver se o artista acude aos xulgados de Fontiñas a esperar a saída do político, que sigue a comparecer para responder á querela da Fiscalía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

19 Black Crow

Para mí es motivo de orgullo y satisfacción comprobar que la política de subvenciones de Alberto a los medios de comunicación se hace con criterios de objetividad y profesionalidad. Por ejemplo, los rojos podéis leer toda la verdad sobre Gerardo en esa Voz que tanto os gusta criticar, mientras que El Correo está haciendo una defensa a ultranza de Conde Roa. Y todo el mundo sabe que el medio mas subvencionado en Galicia es la Voz precisamente. A eso se le llama I-M-P-A-R-C-I-A-L-I-D-A-D, a diferencia de cuando el mundillo nacionalista le regalaba ingentes cantidades de dinero al pasquín de Eyré, que no sé en que bolsillos acabó, pero en el de los trabajadores no, evidentemente.

18 comento

Ese Bassi!!!!!!!!!! Iso si, o poetiña, tivo os seus minutos de gloria, again, pra xustificar así o seu "traballo!.

17 Walton

Foi magnífico o espectáculo que Leo Bassi representou onte na Facultade de Ciencias de Comunicación. Parabéns, amigo Leo! Volve pronto por Santiago.

16 Cinéfilo

¡Que fino este Leo Bassi! En relación a los descuentos que hace para los discapacitados, ganas me dan de contestarle como Clint Eastwood hace con un policía que le amenaza con multarle. Dice el policía: "... allí estaré yo para multarte. Y no hago descuentos a los soldados" Contesta el sargento Highway (mi admirado Clint): "... lástima, tu mujer sí que los hace" Y que conste que no soy ni militante del PP ni nada parecido.

15 Veiras

Ten razón Leo Bassi. Os votantes do PP son uns minusválidos.

1 marfolo

Discrepo: eu son minusválida e NUNCA votei nin votarei ao PP

2 Clark

Eu creo que ninguén te está acusando de votares ao PP. Cando alguén di que os votantes do PP son discapacitados non está a dicir que sexan os ÚNICOS discapacitados. Claro que hay persoas discapacitadas que non votan ao PP!