A Cátedra Otero Pedrayo concede a súa 'Insignia de Ouro' ao dramaturgo Manuel Lourenzo

"Sen dúbida, levarei esta insignia universitaria como o meu orgullo máximo; non podía esperar nos últimos anos da miña vida un título así", asegurou un Lourenzo "moi feliz e emocionado", segundo ha traslado a USC nun comunicado

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2025 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A Cátedra institucional Otero Pedrayo iniciou este mércores a súa andaina no Paraninfo da Universidade co acto de imposición da 'Insignia de Ouro' ao actor e dramaturgo galego Manuel Lourenzo Pérez, figura de relevancia no campo cultural galego e na posta en valor da obra dramática de Pedrayo.

"Sen dúbida, levarei esta insignia universitaria como o meu orgullo máximo; non podía esperar nos últimos anos da miña vida un título así", asegurou un Lourenzo "moi feliz e emocionado", segundo ha traslado a USC nun comunicado.

Froito dun convenio entre a USC, o Parlamento e a Xunta de Galicia para instituír esta e outro tres dedicadas a Castelao, Rosalía de Castro e Carvalho Calero, a Cátedra Otero Pedrayo ten o obxecto de manter, arrequentar e espallar o coñecemento do seu legado artístico e intelectual, en tanto figura singular da Galicia do século XX.

A cátedra contará no seu camiño coa colaboración de institucións culturais vinculadas directamente coa súa persoa como as Fundacións Otero Pedrayo e a Penzol, pero tamén coa Real Academia Galega na que ingresou no ano 1929.

Para o reitor, presentar esta cátedra é un "acto de xustiza" ara con quen manifestou ao longo de toda a súa vida "amor pola Terra, compromiso na defensa da nosa cultura, rigor intelectual e diálogo entre tradición e modernidade".

PINT OF SCIENCE

A ciencia vólvese a espallar polas cidades de Lugo e Santiago de Compostela grazas a unha nova edición do Pint of Science, un festival de divulgación científica que ten como obxectivo comunicar ao público os avances neste campo dunha maneira interesante e atractiva, levando a especialistas vinculados á USC aos bares e a outros lugares accesibles para o conxunto da cidadanía.

O festival, que chega este ano á súa décima edición, desenvólvese os días 19, 20 e 21 de maio, a partir das 18.00 horas en Lugo e das 18.30 horas, en Compostela. A entrada é libre e gratuíta para todos os públicos.

Presentación da Cátedra Otero Pedrayo, na USC.. SANTI ALVITE
Presentación da Cátedra Otero Pedrayo, na USC.. SANTI ALVITE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta