Conde Roa tenta de novo censurar sen éxito a Leo Bassi

"Os militantes do PP pagan menos por ver os meus espectáculos, fago desconto aos discapacitados" di o artista na súa rolda de prensa, prevista no Concello, pero que o alcalde de Santiago vetou. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/04/2012 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Curiosidades do destino. Ao mesmo tempo que o alcalde de Santiago dá contas no xulgado por non pagar case 300.000 euros de impostos, Leo Bassi tiña previsto dar unha rolda de prensa no municipio, invitado polo BNG. O cómico ía explicar como tivo que buscar outro local para actuar en Compostela, pois o Xerardo Conde Roa vetou que alugara o Teatro Principal onde tiña previsto actuar o pasado martes.

Conde Roa volveu vetar ao bufón, pois prohibiu que o artista utilizara a habitual sala de prensa do concello. Por iso, Leo Bassi tivo que comparecer nas oficinas municipais do Bloque,. Velaquí o momento en que Rafa Villar, concelleiro nacionalista, explica canda Bassi o sucedido, nun vídeo subido polo usuario 'BravoJorgeFernandez':

O vídeo da rolda de prensa:

Outro vídeo coa secuencia completa:

As redes sociais xa están acesas coa polémica. "É curioso que impidan a Leo Bassi un acceso ao Concello e Conde Roa poda expor alí os seus pufos persoais" é unha das frases máis retwitteadas". Fai referencia a que o político usou o Concello para dar unha rolda de prensa na que explicou que non pagou os impostos porque tiña que abonarlle aos provedores das súa construtora e mesmo chegou a proxectar un vídeo dunha das súas urbanizacións.

 

Críticas á igrexa

Bassi, disfrazado de gaiteiro, non se calou na súa improvisada comparecencia. "Eu quero que os caciques, os banqueiros, os poderosos paguen os seus impostos para que haxa menos recortes", indicou. Nas redes sociais tamén o citan dicindo que "os militantes do PP pagan menos por ver os meus espectáculos, fago desconto aos discapacitados".

Na súa comparecencia, o cómico lamentou que o volveran censurar e dixo que detrás de todo isto, ademais do PP, está a Igrexa Católica. "O que queren é que nos pronunciemos libremente. Eles poden atacar aos gays e nós non podemos falar mal deles", dixo.

Leo Bassi tamén lembrou que el non recibe subvencións e que vive do que cobra en taquilla. Por iso, sinalou, "é unha incongruencia" a postura de Conde Roa porque "o ministro de Cultura di que os artistas debemos vivir do que recaudemos en taquilla". "Eu fago iso pero o señor alcalde resulta que non me deixa", ironizou.

Actuación na Facultade de Comunicación

O cómico actuará hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación. Fará dous pases, debido en parte pola polémica que axudou a alimentar Conde Roa.

Está por ver se o artista acude aos xulgados de Fontiñas a esperar a saída do político, que sigue a comparecer para responder á querela da Fiscalía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

9 Antón

Non se pode comparar victimas con verdugos. Non se pode comparar ós discapacitados cos que lles negan a lei de dependencia. Hai que lembrar que unhas das primeiras obras que fixo o PP ó chegar o poder foi negarlles o status de dependentes a demandantes de recoñecemento de minusvalía e lei de dependencia, con minusvalias mais baixas. Aos outros os deixou nun impase, no limbo dos esquecidos, recoñecidos mais non atendidos.

8 BravoJorgeFernandez

Grazas por citar os créditos dos meus vídeos http://www.visitantedelfuturo.wordp...

7 oPPus Gays

Que bom é este tipooo!!! Leo Basssi Alcaide JÁ!!!! ;)))

6 ssss

Nova de ultima hora: Leo Bassi sera o proximo candidato do novo ? proxecto Politico, con este si que arrasamos.

5 Indignado

O mellor de todo é que o custodio da moral e dos bos costumes -non riades, cona!- mentres non lle permite a Leo Bassi o acceso á sala de prensa no Concello, ten que comparecer no xulgado por escaquearlle case 300.000 euros a Axencia Tributaria.

1 Outro indignado

Pois tes razón. Un cómico non pode usar un recinto público, a pesar de pagar as correspondentes taxas, porque a un caudillito, que ten un pufo do carallo con Facenda, non lle sae das pelotas.