Conde Roa tenta de novo censurar sen éxito a Leo Bassi

"Os militantes do PP pagan menos por ver os meus espectáculos, fago desconto aos discapacitados" di o artista na súa rolda de prensa, prevista no Concello, pero que o alcalde de Santiago vetou. Vídeos no interior.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 12/04/2012 | Actualizada ás 12:19

Comparte esta noticia

Curiosidades do destino. Ao mesmo tempo que o alcalde de Santiago dá contas no xulgado por non pagar case 300.000 euros de impostos, Leo Bassi tiña previsto dar unha rolda de prensa no municipio, invitado polo BNG. O cómico ía explicar como tivo que buscar outro local para actuar en Compostela, pois o Xerardo Conde Roa vetou que alugara o Teatro Principal onde tiña previsto actuar o pasado martes.

Conde Roa volveu vetar ao bufón, pois prohibiu que o artista utilizara a habitual sala de prensa do concello. Por iso, Leo Bassi tivo que comparecer nas oficinas municipais do Bloque,. Velaquí o momento en que Rafa Villar, concelleiro nacionalista, explica canda Bassi o sucedido, nun vídeo subido polo usuario 'BravoJorgeFernandez':

O vídeo da rolda de prensa:

Outro vídeo coa secuencia completa:

As redes sociais xa están acesas coa polémica. "É curioso que impidan a Leo Bassi un acceso ao Concello e Conde Roa poda expor alí os seus pufos persoais" é unha das frases máis retwitteadas". Fai referencia a que o político usou o Concello para dar unha rolda de prensa na que explicou que non pagou os impostos porque tiña que abonarlle aos provedores das súa construtora e mesmo chegou a proxectar un vídeo dunha das súas urbanizacións.

 

Críticas á igrexa

Bassi, disfrazado de gaiteiro, non se calou na súa improvisada comparecencia. "Eu quero que os caciques, os banqueiros, os poderosos paguen os seus impostos para que haxa menos recortes", indicou. Nas redes sociais tamén o citan dicindo que "os militantes do PP pagan menos por ver os meus espectáculos, fago desconto aos discapacitados".

Na súa comparecencia, o cómico lamentou que o volveran censurar e dixo que detrás de todo isto, ademais do PP, está a Igrexa Católica. "O que queren é que nos pronunciemos libremente. Eles poden atacar aos gays e nós non podemos falar mal deles", dixo.

Leo Bassi tamén lembrou que el non recibe subvencións e que vive do que cobra en taquilla. Por iso, sinalou, "é unha incongruencia" a postura de Conde Roa porque "o ministro de Cultura di que os artistas debemos vivir do que recaudemos en taquilla". "Eu fago iso pero o señor alcalde resulta que non me deixa", ironizou.

Actuación na Facultade de Comunicación

O cómico actuará hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación. Fará dous pases, debido en parte pola polémica que axudou a alimentar Conde Roa.

Está por ver se o artista acude aos xulgados de Fontiñas a esperar a saída do político, que sigue a comparecer para responder á querela da Fiscalía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

4 Walton

Benvido a Compostela, amigo Leo. Vémonos hoxe á noite na Facultade de Ciencias da Comunicación.

3 Manolo2

Criticar a un político sea del PP o del BNG es algo muy respetable. Llamar discapacitados a todos los militantes de un partido que casualmente es el mayoritario de Galicia, da una idea de lo que entiende este individuo por el respeto a los demás y lo descalifica por completo.

1 Fan de Leo Bassi

Entón, como deixan quedar ao fascista felizmente falecido a comezos desta ano estas declaracións?: http://elpais.com/elpais/2008/12/11...

2 fraga verde

mal interpretado, no está insultando a nadie, está diciendo, que efectivamente los espectáculos tienen un descuento para estudiantes y discapacitados , sean del PP o de cualquier otra tendencia política o religiosa,. yo no veo donde está la falta de respeto, por que el señor Bassi se cuida muy bien en no faltar al respeto de las personas, sin duda sí que falta a l respeto de las instituciones que tradicionalmente nos faltan al respeto a todos los ciudadanos, y que no les gusta que les midan por la misma tabla, porque se sentirán superiores no se sabe muy bién en qué.

3 Un de Santiago

Manolo, sen ánimo de ofender, fai un repaso de todos os teus comentarios sobre os nacionalistas, comunistas, socialistas e demais xente da esquerda que escribiches neste medio...

4 Andamolho

Manolo2 discapacitado maior do reino!!! e ainda por riba fachandea de o ser assim que duas veces discapacitado.

5 MANOLO DISCAPACITADO

Manolo, coñozo de boa tinta que tes unha minusvalia mental do 50%, e non pasa nada. Non tes porque ter vergoña por elo. Animo. Ademais lembra que "Leo" che fai un favor polos descontos. En esta vida e de bo nacido ser agracedico.

2 Comunicado

La concejalía de PProcesiones, Ofrendas y Cultura de este Excelentísimo Ayuntamiento, en el ejercicio de sus competencias legalmente atribuidas, y para compensar la presencia en la ciudad de ese sujeto que nos produce especial repugnacia, anuncia el estreno de sus dos nuevas producciones, sufragadas enteramente con cargo al erario municipal y protagonizadas por nuestra rutilante estrella, Conde-Rocco Sifredi: 'El alcalde la mete de balde' y 'Lo que le sisa a Hacienda lo gasta en la jodienda'. No se las pierdan.

1 Mais capacitado que os do PP

As asociacións de discapacitados e aqueixados de diversidade funcional, esiximos unha rectificación por parte de Leo Bassi. Non se nos pode menospreciar comparandonos cos militantes do PP.

1 fraga verde

mal interpretado, no está insultando a nadie, está diciendo, que efectivamente los espectáculos tienen un descuento para estudiantes y discapacitados , sean del PP o de cualquier otra tendencia política o religiosa,. yo no veo donde está la falta de respeto, por que el señor Bassi se cuida muy bien en no faltar al respeto de las personas, sin duda sí que falta a l respeto de las instituciones que tradicionalmente nos faltan al respeto a todos los ciudadanos, y que no les gusta que les midan por la misma tabla, porque se sentirán superiores no se sabe muy bién en qué.

2 saña

Apoio a rectificacion para os discapacitados, non se poden comparar cos militantes do PP, hasta hai poderiamos chegar.

3 galegoexiliado

Non mixturemos, falou de estudantes e discapacitados, en ningún momento falou de tarados.