Abren unha investigación por estafa a unha veciña de Culleredo por vender un can que cobrou e non entregou

Na denuncia manifestou a vítima que vira publicado nunha páxina de compravenda de Internet un anuncio de venda de cachorros de can de raza Bichón Maltés, polo que contactou co anunciante, supostamente un veciño da localidade de Fabero, en León.

Por E.P. | A CORUÑA | 27/08/2019 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia



A área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Culleredo  investigou a unha veciña da localidade como presunta autora dun delito de estafa en relación á venda dun cachorro de can por Internet que cobrou e non entregou. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos ocorreron por mor da denuncia presentada pola vítima nas dependencias do Posto da Garda Civil de Valencia de Torres en Badajoz.

Na denuncia manifestou a vítima que vira publicado nunha páxina de compravenda de Internet un anuncio de venda de cachorros de can de raza Bichón Maltés, polo que contactou co anunciante, supostamente un veciño da localidade de Fabero, en León.

Tras acordar o importe de compra, o suposto vendedor solicitoulle un pagou de 75 euros como sinal, e abonar o importe restante antes do envío do cachorro, pagos aos que a vítima accedeu e realizou mediante xiro postal, tras o cal "perdeu todo contacto" co vendedor e non recibiu o cachorro, indicaron as mesmas fontes.

A Garda Civil investigou os feitos ao obxecto de esclarecer os mesmos e identificar o autor ou autores dos mesmos. Como resultado das pescudas, tivo constancia de que os xiros realizados eran derivados á localidade de Culleredo, polo que continuou con xestións  na área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal desta localidade coruñesa.

Tras a análise da información solicitada e as xestións realizadas, os efectivos encargados do caso lograron a identificación plena da responsable, que resultou ser unha veciña de Vilaboa, investigada como presunta autora dun delito de estafa. A investigada, xunto coas actuacións realizadas, foi posta a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Llenera.

Cadelos
Cadelos | Fonte: LX

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta