Comeza a Vendima en Galicia

As primeiras uvas xa se colleron en Valdeorras, que espera superar os seis millóns de quilos recollidos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 31/08/2019 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A tempada de vendima 2019 comezou este xoves na comarca de Valdeorras co inicio das tarefas de recollida da uva nas adegas Santa Marta S.A.T. e María Teresa Núñez Vega, ambas as dúas integradas no Consello Regulador da D.O. Valdeorras.

Comeza a tempada da vendima
Comeza a tempada da vendima | Fonte: cedida

“Malia os fenómenos meteorolóxicos adversos que afectaron a parte da colleita hai algunhas semanas, agardamos unha campaña moi boa”, asegura o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, quen afirma que a produción podería superar “os seis millóns de quilos recollidos, moi por riba dos 4,7 millóns do ano pasado”.

Paulatinamente, e ao longo das vindeiras semanas, iranse incorporando ás tarefas de vendima outras adegas do territorio amparado. Este venres farao Rafael Palacios S.L. e o luns

chega a quenda de Godeval S.L. Dende o Consello Regulador calcúlase que a campaña

durará, aproximadamente, unhas seis semanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta