O Novo Proxecto Común colle forma

Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal anuncian formalmente negociacións para "a construción dunha organización política".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas fixeron hoxe oficiais  os seus contactos, que comezaron hai semanas, para construír unha nova ferramenta política para o galeguismo de esquerdas. Cómpre lembrar que as tres primeiras das catro formacións citadas estaban ou integradas no Bloque até este ano, ou están formadas maioritariamente por ex-dirixentes do BNG.

No seu primeiro comunicado común anuncian que hai acordo para "emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar  as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política  plural e aberta".

Polo de agora non entran detalles nas coordenadas programáticas do novo organismo que, no seu caso, resulte destas negociacións. Sábese, iso si, que haberá dúas comisións, "unha das cales traballará no eido programático e o outra no organizativo".

Máis Galiza, liderada por Xoán Báscuas, era o partido máis próximo á socialdemocracia dos que estaban no BNG. Tiña o maior número de concelleiros, pero a maioría dos altos cargos sigue na fronte mentres que a maioría da militancia apostou por marchar tras a vitoria da APU na última Asemblea.

Encontro Irmandiño é o partido de ideoloxía altermundista que lidera Xosé Manuel Beiras, ex-líder do BNG derrotado por unha apretada marxe polo líder da APU Guillerme Vázquez na última Asemblea da fronte.

En Acción Galega, de nova creación, cooperan ex-dirixentes do BNG como Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Pérez Lema canda outros militantes, entre os que figura Rafal Cuíña, empresario ex-militante do PPdeG. En principio a súa ideoloxía está próxima ao centro.

Ecogaleguistas é unha nova formación nacida antes das escisións do Bloque e na que colaboran ex-militantes doutros partidos de esquerdas, moitos dos cales tamén participaran na Iniciativa Ben Común, creada ao fío do 15M.

Tras semanas de ruxe-ruxes. o anuncio conxunto de hoxe supón a primeira presentación pública do que se está a chamar "Novo Proxecto Común" do galeguismo de esquerda.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 127 comentarios

17 Dona Urraca no seu castelo

Por fin temos luz verde. Xa podemos ir preparando os papeis para afiliarnos. Cecais ata pode haber cacheira e tinto de Rubiós. O importante é que escomencen as papanzas que por aquí o que veña sen algo que lamber xa pode volver para a casa. As xuntanzas do PP xa non molan; agoran van molar estas novas que ainda non están organizadas pero que prometen ser especiais. Adiante Beiras, Báscuas, Xoán Antón, Táboas e demais colegas. Xa temos o dente preparado para agasallar aos nosos amigos doutros paises que veñen aquí e preguntannos cando os convidadamos a unha cuchipandada.

1 Shin Chan

As cuchipandadas boas son as da UPG e os seus siareiros. Comer e beber e non traballar.

2 xg4h

Remember Camerún, camarón!

16 TodoSomosGalegos

Non vai ser o novo CIU como comentan por aquí. Fálase de incluír á cidadanía descontenta, á esquerda. O NPC espero que sexa unha luz de esperanza. E tamén espero que lle quite votos ó PSOE/PP e non ó BNG. Deixémonos nós de disputas cando todos somos galeguistas, nacionalistas e queremos un mundo mellor! Non se pode cambiar o sistema senón se rompe o que hai agora

15 Dorna

Pero cal e a ideoloxia que ten o"novo"proxecto común? De esquerda,dereitas ou centro? Galeguista,nacionalista,independentista ou seudonacionalista?

1 uncalquera

pregúntalle á sociedade se se considera algo do que dis... porque agora mesmo, a xente xa nin é de esquerdas nin é de dereitas, son cabezas sen ideoloxía política á que todo lle dá igual, agás eles mesmos, a nova ideoloxía da sociedade é ser EGOISTA.

2 Manuel

Como ben di o comunicado están por definir as liñas programáticas partindo da esquerda e do galeguismo. Máis si sei o que non é o Novo Proxecto Común, non é un partido secta, non é a conciencia da xente, non é o pau na testa dos galegos que non o apoian, non é o espendedor de carnés de galeguidade,.... Así que a min polo dagora eso todo fai que me guste e ilusione, e coido que iso lle pasa a moit@s galeg@s, por moito que haxa que escupa veleno por onde pasa ao tempo que pon o cazo para cobrar a paga do Papa negro

3 Boa pregunta

É todo e non é nada ao mesmo tempo. Oportunismo puro.

4 Xa me aclaro

Falaron de CiU como referenza, de non ser demasiado nacionalistas nin demasiado de esquerdas, e o fillo de Cuiña dixo non sei que do galeguismo cordial da época de Fraga. TAmpouco lles gusta moito o sindicalismo galego nin que as bases voten distinto do que esixen eles. Xa se pode facer un unha idea de por onde van os tiros do seu plan ou proxecto ou como lle chamen.

5 Bruar

Estou de acordo en boa medida co que di uncalquera. Non toda, pero si boa parte da sociedade xa non manifesta opinión e participa consecuentemente ideoloxía de ningún tipo. Por iso todo tipo de agrupacións políticas e sindicais teñen máis axiña que tarde ser ferramentas corporativas para a defensa dos intereses dos participantes e xa non transversais á totalidade da cidadanía. Isto sucedera neste primeiro cuarto de século. Cada un terá que escoller si quere ou non participar, e os que participen deberán ter presente que defenden ao gregario e non ao ao común universal.

14 Votante Perpetuo

Seguimos a perder o tempo en cousas que non figuran nas prioridades dos cidadáns, seguimos enredados no labirinto, seguimos construíndo proxectos para sermos mallados nas urnas. O nacionalismo galego non está a altura do país e vai ser castigado duramente polos cidadáns. Non se pode facer peor.

1 Shin Chan

Tampouco idealices tanto a este país de votantes do PPSOEBNJá. O país ten a imaxen que ten por algo, non o dubides.

13 Cousas

Acción Galega, o mini-partido segundo informades de Taboas Bouza e o fillo do conselleiro-empresario Cuíña, e o nome dun partido historico que loitou contra o caciquismo. E Esquerda Nacionalista marchou cinco ou seis veces do Bloque porque o Bloque e demasiado de esquerda e nacionalista para seu gusto.