O Novo Proxecto Común colle forma

Máis Galiza, EI, Acción Galega e EcoGal anuncian formalmente negociacións para "a construción dunha organización política".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/04/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Máis Galiza, Encontro Irmandiño, Acción Galega e Ecogaleguistas fixeron hoxe oficiais  os seus contactos, que comezaron hai semanas, para construír unha nova ferramenta política para o galeguismo de esquerdas. Cómpre lembrar que as tres primeiras das catro formacións citadas estaban ou integradas no Bloque até este ano, ou están formadas maioritariamente por ex-dirixentes do BNG.

No seu primeiro comunicado común anuncian que hai acordo para "emprender un proceso de traballo conxunto co obxecto de explorar  as súas coincidencias cara á constitución dunha organización política  plural e aberta".

Polo de agora non entran detalles nas coordenadas programáticas do novo organismo que, no seu caso, resulte destas negociacións. Sábese, iso si, que haberá dúas comisións, "unha das cales traballará no eido programático e o outra no organizativo".

Máis Galiza, liderada por Xoán Báscuas, era o partido máis próximo á socialdemocracia dos que estaban no BNG. Tiña o maior número de concelleiros, pero a maioría dos altos cargos sigue na fronte mentres que a maioría da militancia apostou por marchar tras a vitoria da APU na última Asemblea.

Encontro Irmandiño é o partido de ideoloxía altermundista que lidera Xosé Manuel Beiras, ex-líder do BNG derrotado por unha apretada marxe polo líder da APU Guillerme Vázquez na última Asemblea da fronte.

En Acción Galega, de nova creación, cooperan ex-dirixentes do BNG como Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Pérez Lema canda outros militantes, entre os que figura Rafal Cuíña, empresario ex-militante do PPdeG. En principio a súa ideoloxía está próxima ao centro.

Ecogaleguistas é unha nova formación nacida antes das escisións do Bloque e na que colaboran ex-militantes doutros partidos de esquerdas, moitos dos cales tamén participaran na Iniciativa Ben Común, creada ao fío do 15M.

Tras semanas de ruxe-ruxes. o anuncio conxunto de hoxe supón a primeira presentación pública do que se está a chamar "Novo Proxecto Común" do galeguismo de esquerda.
 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 127 comentarios

2 Pelouro

O Proxecto común "colle forma", pero non eran as asembleas as que ía decidir de baixo para a cima o que facer?

1 Nandiño

Agora onde vai frio e dentro do BNG-UPG

1 eusoneu

Triste que xogues con Galiza e con ironias, onde vai frio é na crise e no PP rindo da división do nacionalismo, Fandiño vai tomar un coffee anda

2 Vieiras tóxicas

Xa verás que risa cando estedes todos quentiños aí dentro, co choque de egos van quedar ben quentes os despistados que se sumen.

3 O muiñeiro da Serra

Eu non sei se no BNG-UPG vai facer frio ou calor. Desexolle, en todo caso, que sexa calor, pero deducir que os que agora están preparando unha nova formación política logo van escomenzar a pelexar é adiantarse aos acontecementos e non ser obxectivo. Dime "Viera tóxica", (certo que pareces tóxico/a) por que estas mesmas persoas non pelexaban dentro do BNG e vano facer agora que sairon voluntariamente e polas mesmas razóns?

4 A muiñeira da Serra

é que si pelexaban dentro do BNG :)