O alcalde de Ferrol estima que no primeiro trimestre de 2020 comezará a segunda fase de Avenida 19 de Febreiro

Ángel Mato declarou que "nestes meses será necesario levantar as actas do proceso de expropiación, posta a dispoñibilidade dos terreos e logo iniciar os traballos de construción".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2019 | Actualizada ás 16:09

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato (PSOE), considerou que "durante o primeiro trimestre do próximo ano 2020" poderían "darse os primeiros pasos para a construción das beirarrúas", en referencia a segunda fase da intervención na Avenida 19 de febreiro, no barrio ferrolán de Serantes.

O rexedor ferrolán trasladouse a este lugar na mañá deste mércores co seu concelleiro de Urbanismo, Julián Reina, e a deputada provincial Ana Lamas, que tamén forma parte do seu goberno, para reunirse con integrantes da asociación municipal e con técnicos da Deputación da Coruña, que é a administración titular desta vía e que será a que execute os traballos.

"Para nós é unha prioridade que se resolva esta cuestión, xa que xa levan un tempo de atraso e o que hoxe se inicie o proceso de expropiación e posta a disposición dos terreos dá un paso máis para solucionar os serios problemas de seguridade viaria que ten esta estrada, cunha demanda que cada día era maior", narrou.

Mato declarou que "nestes meses será necesario levantar as actas do proceso de expropiación, posta a dispoñibilidade dos terreos e logo iniciar os traballos de construción", que contemplan beirarrúas e mesmo nalgúns tramos prazas de estacionamento.

A Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol teñen previsto, ademais, acometer unha terceira fase, nesta ocasión na zona da Cabana. Sobre esta cuestión, o responsable de Urbanismo de Ferrol, Julián Reina, destacou que "esta mesma semana, despois da súa aprobación plenaria", remitiuse á deputación "toda a documentación que requiría este proxecto", que debe ser ratificado no pleno do organismo provincial. "Ao mesmo tempo, en paralelo, continuaremos cos trámites tal e como aconteceu coa segunda fase", finalizou.

O alclade de Ferrol, Anxo Mato, visita as obras no barrio de Serantes
O alclade de Ferrol, Anxo Mato, visita as obras no barrio de Serantes | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta