Desviado un voo da ruta entre Madrid e Santiago por unha incidencia técnica

Ryanair informou de que "proporcionou aos viaxeiros vales de refrescos" e que os recolocou noutro avión que saíu cara a Santiago "pouco despois".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/09/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

Un voo da compañía Ryanair que cubría a ruta entre Madrid e Santiago foi desviado por unha incidencia técnica, segundo confirmaron  fontes de Aena.

Debido a este problema, conforme apuntaron as mesmas fontes, os pasaxeiros tiveron que desembarcar deste voo con número FR5315 e procedeuse a un cambio de aeronave para realizar a ruta ata o aeroporto de Lavacolla.

Pola súa banda, fontes da compañía explicaron que o problema técnico foi de carácter "menor". Ademais, informou de que "proporcionou aos viaxeiros vales de refrescos" e que os recolocou noutro avión que saíu cara a Santiago "pouco despois".

Ryanair avións
Ryanair avións

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta