Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/05/2025 | Actualizada ás 19:46
Catro traballadores dunha tenda da rúa Serra Martiña, en Ourense, tiveron que se trasladados ao hospital por inhalación de fume tras arder unha máquina.
Segundo o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 17.15 horas deste xoves e foi un particular o que deu a voz de alarma. Ata o punto desprazáronse os Bombeiros de Ourense, a Policía Nacional e Local.
Cando os equipos de intervención chegaron ao lugar, comprobaron que o incendio, que afectou a unha máquina rozadora, xa fose apagado polos propios traballadores co uso dun extintor. Os Bombeiros procederon a ventilar o local e revisaron a zona para garantir que non queda ningún risco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.