Un novo terremoto de magnitude 3,5 en Galicia

O novo tremor de terra deixouse sentir entre os municipios de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, onde tivo o seu epicentro.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 06/09/2019 | Actualizada ás 09:59

Comparte esta noticia

Un novo tremor de terra deixouse sentir durante a madrugada deste venres na montaña ourensá, concretamente entre os municipios de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, onde tivo o seu epicentro.

Terremoto en Valdeorras
Terremoto en Valdeorras | Fonte: Instituto Geográfico Nacional.

Segundo os datos do Instituto Geográfico Nacional e do 112-Galicia, o sismo tivo lugar ás 5,28 horas da madrugada a unha profundidade de 16 quilómetros e a súa magnitude alcanzou os 3,5 graos.

O tremor puido sentirse no Barco, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín e mesmo Ponferrada, aínda que a central do 112 non rexistrou ningunha chamada alertando do suceso.

Este novo terremoto prodúcese despois de que na madrugada do xoves Galicia rexistrase tamén varios tremores de entre 1,8 e 3,3 graos. Concretamente, foron nos municipios ourensáns de Cartelle e A Merca e no lucense de Triacastela.

O 112 Galicia ten constancia, ademais, de que o pasado martes tamén tiveron lugar outros dous movementos sísmicos na costa de Vigo, un de magnitude 3,2, cunha profundidade de 5 quilómetros; e outro de 3,4.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta