Galicia xa duplica en nove meses o número de hectáreas queimadas en todo o 2018

Este ano xa levan ardidas máis de 5.000 hectáreas e aínda quedan dous meses, setembro e outubro, moi difíciles para a loita contra os incendios.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia duplicou en nove meses deste 2019 o número de hectáreas queimadas durante todo o 2018. Así, no que vai de ano foron xa máis de 5.000 hectáreas as que arderon, principalmente, en marzo deste ano e en setembro.

Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo
Incendio forestal este luns na Serra de San Mamede. REMITIDA - Arquivo

Así, a finais de marzo tivo lugar o lume máis virulento deste 2018. Afectaba aos concellos de Dodro e Rianxo, con case 1.200 hectáreas calcinadas. Houbo que agardar ata este setembro para ter o segundo incendio máis voraz do ano con case 500 hectáreas queimadas en Monforte, nun lume que aínda non está extinguido. De feito, este setembro pode ser o máis virulento do ano xa que en nove días levan ardidas xa 1.500 hectáreas.

De feito, segundo as previsións meteorolóxicas, setembro e outobro serán meses moi secos polo que o risco de lumes será moi alto. Un risco que, sumado ao vento, como aconteceu nos últimos días, multiplica as posibilidades de incendios.

Lonxe queda a tranquilidade do ano 2018, o segundo mellor para Galicia en máis de 40 anos polo escaso número de lumes, 2.618,09 hectáreas ardidas. Tamén o mellor ano para o resto de España onde houbo 5.130 lumes que queimaron máis de 20.500 hectáreas forestais. Un número que contrasta coas 62.000 que arderon en 2017 só en Galicia, especialmente, na vaga incendiaria de outubro dese ano. 

2019, ANO DIFÍCIL EN TODO O ESTADO

No que vai de ano, o conxunto do estado sufriu 9.115 incendios forestais que destruíron 72.668,10 hectáreas, o que supón o quinto ano desde 2009 tanto en lumes como en extensión queimada. Os datos facilitados polas comunidades autónomas ao Centro de Coordinación da Información Nacional sobre Incendios Forestais, do Ministerio de Agricultura mostran ademais que, no que vai de ano, producíronse 13 grandes incendios (aqueles de máis de 500 hectáreas), un deles, en Galicia.

E as zonas máis afectadas seguen sendo as do norte. Así, o maior número de lumes este ano corresponde a Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco e as provincias de León e Zamora co 42.39 % dos 9.115 lumes, seguida das comunidades interiores (provincias do resto de Comunidades non costeiras, excepto León e Zamora) co 39,95%; Mediterráneo (comunidades autónomas costeiras co mar Mediterráneo, incluíndo as súas provincias interiores) co 17,12% e Canarias co 0,54%.

Da superficie queimada, mais de 23.600 hectáreas foron de superficie arborada e case 40.000 de mato e monte aberto e outras 9.000 corresponderon a vexetación herbácea. Con todo, o  peor ano segue sendo 2012 con 13.442 lumes (40 grandes incendios) e máis de 200.000 hectáreas queimadas no mesmo período.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Lumieira

A Xunta debería copiar de Canarias e Portugal. Con gobernos socialistas non hai lumes.

1 anonimo

Mais uma, quando aprenderemos? Os incêndios nos montes de eucaliptos não se podem apagar. Isso em Austrália, país originário, o tenhem claro, não o intentam, apagam-se solos e por suposto estão afastados de toda zona habitada. A pergunta é como aqui na Galiza permite-se que estem ao borde das estradas e perto das casas?