Temas: SARDIñA PESCA

O cerco galego aproba o acordo entre España e Portugal para non aumentar as cotas de sardiña, pero espera que se faga en 2020

Manterán o total de captura da campaña 2019 nas 10.799 toneladas acordadas na primavera, malia que os lusos pedían ampliala.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 17/09/2019 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, reuniuse este martes cos representantes do sector da pesca de sardiña, para analizar a campaña actual e as posibles medidas de face á seguinte. Villauriz sinalou que tanto España como Portugal acordaron, nunha reunión celebrada en Bruxelas recentemente, manter o total de captura da campaña 2019 nas 10.799 toneladas acordadas na primavera, a pesar de que Portugal manifestara durante o verán o seu interese en ampliar as cantidades establecidas para a sardiña.

Pesca de sardiña no golfo de Biscaia
Pesca de sardiña no golfo de Biscaia | Fonte: MSC - Arquivo

Desta forma e unha vez que se coñeza o resultado da avaliación en novembro cando o Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM, ou ICES polas súas siglas en inglés) analice os novos datos das campañas de seguimento desta primavera, que foron moi positivos, a Secretaría Xeral de Pesca confía en que se poida fixar un total de capturas maior para 2020, que compense os esforzos que está a realizar o sector.

O Ministerio lembrou que España está comprometida co mantemento dun plan de recuperación que permita levar a sardiña a niveis seguros en poucos anos e que, á súa vez, permita salvagardar os empregos que xera dita actividade.

RESPOSTA DOS PESCADORES GALEGOS

O cerco galego valorou o acordo de España e Portugal. Ademais, o sector prevé "boas expectativas" para 2020.

O portavoz de Acerga —a principal asociación do cerco galega—, Andrés García, sinala que "a sardiña está moi recuperada", polo que espera que Portugal e España pechen un plan de xestión para 2020 que aumente en, "como mínimo", ata as 14.000 toneladas.

Xa que a especie se atopa cunha mellora "moi avanzada", falta que os científicos "o ratifiquen" en novembro, cando se coñeza o resultado da avaliación en novembro cando o Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM, ou ICES polas súas siglas en inglés) analice os novos datos das campañas de seguimento desta primavera. A Secretaría Xeral de Pesca confía en que se poida fixar un total de capturas maior para 2020, que compense os esforzos que está a realizar o sector.

Por todo iso, este representante de Acerga chama a ser "prudentes", porque tamén había "boas" expectativas para este ano que "despois non se cumpriron". "O mar galego está cheo de sardiñas", deixa claro.

Temas: SARDIñA PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta