Acusacións contra o goberno de Ferrol por querer dar "carpetazo" á xestión de Emafesa aprobando as súas contas

"Imos iniciar todo tipo de accións que estean na nosa man para seguir defendéndonos contra o atropelo desta estafa" din desde a Plataforma en defensa dos Servizos Públicos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2019 | Actualizada ás 18:09

Comparte esta noticia

A Plataforma en defensa dos Servizos Públicos acusou ao goberno de Ferrol de tentar dar "carpetazo" á xestión da Empresa mixta de augas de Ferrol, Emafesa, mediante a aprobación en pleno das contas desta empresa dos anos 2016, 2017 e 2018.

Así o trasladou a portavoz desta esta plataforma, Lupes Ces, xunto a outros integrantes deste colectivo, na que realizou un chamamento a que "non se pague o recibo de saneamento" correspondente á liquidación dun momento "no que a depuración non se daba".

"Imos iniciar todo tipo de accións que estean na nosa man para seguir defendéndonos contra o atropelo desta estafa", asegurou, e advertiu de que continuarán "presionando tanto a este alcalde como a esta corporación" para que dentro do consello de administración "deixen de defender os intereses da parte privada e comecen a defender os intereses da cidadanía de Ferrol".

Desde a Plataforma en defensa dos servizos públicos acusouse ao anterior alcalde, Jorge Suárez (FeC), de asinar unhas liquidacións, unha vez suspendida a taxa, polas épocas na que non se depuraba e que son as que os veciños están a recibir agora.

"Se non as logramos parar recibiremos un segundo cargo en xaneiro do ano que vén", denunciou, para despois sinalar ao actual rexedor, Ángel Mato (PSOE), que "se acaba de aliñar coa parte privada de Emafesa, co xestor Socamex, xa que pretende aprobar as súas contas, que son unha estafa, cunha taxa de depuración que está avultada e que se calculou polo menos nun 20% por encima do seu valor real".

Rolda de prensa en Ferrol da Plataforma en defensa dos servizos públicos.
Rolda de prensa en Ferrol da Plataforma en defensa dos servizos públicos. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta