Reedítase "Pornografía" de Lupe Gómez

O primeiro poemario dunha moza Lupe Gómez, aparecido no 1995, vén de ser reeditado pola editorial compostelá Edicións Positivas. Escolma no interior.

Por Paco Gallego | Santiago de Compostela | 12/05/2012 | Actualizada ás 12:57

Comparte esta noticia

None

Así nos introducía a mesma Lupe Gómez na súa "Pornografía":

"Pretendo destaparme, fotografarme para unha revista de nus literarios. Desvestirme no mostrador do libro. Quero que os meus lectores sexan pornógrafos, coas pernas abertas, esa xente que vexo pola rúa correndo detrás do sexo. Máis que presentarme en público quero irromper nas súas casas de cemento berrando e animándoos a que danzen fóra dos circuitos de baile. Non quixera que me vexades como unha mercancía. Son un plato de comida, son de tripas e desilusión como vós.

Os títulos son prosaicos, xornalísticos, antisentimentais, fríos. Detrás desa máscara quero descubrir a parte humana da sociedade que non morreu, que está aí, na hipocresía. Eu fun unha nena tranquila e á vez conflictiva que un día rebelei a tensión que había en min aos meus amigos. Que ó curarme seguín estando tola porque aprendera outras linguaxes que me gustaban e das que non quería separame. E fun puta porque o decidín eu soa. Todo xira ao redor dunha ferida creada nas paredes do prostíbulo. Agora como moito e engordo pouco a pouco e o meu rostro non é de cansazo.

A poesía xorde en min como un afogo natural. Sae libre, como un trebón, como unha festa. A poesía está baixo os mineiros e os borrachos, onde as nenas suspiran. Alí teño un caixón para 13 meterme e destrozar o camiño. Romper a creación, imaxinarnos deuses en vez de aspirar a ser marionetas que circulan ben polas rúas. Querer a poesía, chorar nos seus brazos, masturbar os seus beizos, inflamala, destrozarnos para fundir a pestilencia, abrir a caixa de monecas, estar sós nos parques. Amar a poesía, non inmobilizala senón rompela e recoller os trozos da estatua. A veces vou ó prostíbulo a agasallar flores. As monxas viven coas putas pero míranme cuns ollos traspasados. Eu, neste mostrador, ensino as miñas tetas".

 Versos escollidos

TENDA DE COSMÉTICOS

No meu pobo

só había un costume,

camiñar co pelo solto

e os peitos caídos.


ENFOQUE TEÓRICO

A muller é

un cristal

atravesado por

unha patria.


LIBERDADE

Correr,

costa abaixo,

chocando cos cornos

das vacas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 pepe lago

É unha magnífica nova, esta reedición deste libro tan buscado e non atopado ate hoxe. ¿E cando lles faremos un monumento a estes de Positivas? ¡Mira ti que levan feito e descuberto!

1 rosalia ponton

eu penso que lupe escribe demasiadompara a sua idade e experiencis.QUE CONSTE QUE teño a primeira edicion e que respecto moito a poeta,a reediccion pareceme prematura.

2 pepe lago

¿E que significa, Rosalía, iso de "escribe demasiado para a súa idade e experiencia"? ¿E que significa "reedición prematura"?

3 Karen

Pois creo que trata de dicir que, malia a súa valía, a autora non é pra tanto... Dito así, dun modo suave, vaia...