Marea Atlántica asegura que Porto da Coruña levou a diante a "ocultación" de "irregularidades contables" en Langosteira

O concelleiro Xiao Varela cualifica de "vergoña" que un ente público "gaste recursos en acudir á Xustiza para ocultar información", despois de que este edil solicitase ao organismo portuario os documentos relativos á investigación do Tribunal de Contas.

Por E.P. | A CORUÑA | 23/09/2019 | Actualizada ás 20:04

Comparte esta noticia

Marea Atlántica reclamou á Autoridade Portuaria da Coruña que "deixe de ocultar información sobre as irregularidades contables das obras do Porto Exterior".

Faino despois de que o Xulgado do Contencioso número 9 de Madrid confirmase "a obrigación do Porto coruñés de entregar a documentación dos anos 2012, 2013 e 2014, investigados polo Tribunal de Contas", explica o grupo municipal de Marea Atlántica.

Nun comunicado, o concelleiro Xiao Varela cualifica de "vergoña" que un ente público "gaste recursos en acudir á Xustiza para ocultar información", despois de que este edil solicitase ao organismo portuario, o ano pasado, os documentos relativos á investigación do Tribunal de Contas.

Marea Atlántica lembra que o citado tribunal atopou "indicios de irregularidades contables, repartidos entre os gobernos do PSOE e o PP". Cando o organismo portuario, denegou a documentación ao representante municipal --entón no goberno local--, o concelleiro recorreu ao Consello de Transparencia que lle deu a razón. Posteriormente, a entidade portuaria levou ao xulgado a este organismo, "nunha demanda que acaba de perder", subliña Marea Atlántica.

Punta Langosteira. PUERTO DE A CORUÑA - Archivo
Punta Langosteira. PUERTO DE A CORUÑA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Deva

Por non falar dun castro celta único na súa tipoloxía (factoría metalúrxica) sito aló e que foi arrasado totalmente e sen contemplacións.