O vento alcanza o 128,8 km/h en Cedeira e as choivas deixan 69,1 l/m2 en Lousame

Houbo refachos máximos de 92,1 en Burela (Lugo) e 90,5 km/h en Lousame.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2019 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

O vento alcanzou na xornada deste luns os 128,8 quilómetros por hora na localidade costeira de Cedeira (A Coruña), mentres que as choivas deixaron 69,1 litros por metro cadrado no municipio coruñés de Lousame.

Segundo os rexistros de Meteogalicia, recollidos por Europa Press, corresponderon a localidades con altitude menor de 900 metros os valores máis significativos con refachos de 119,9 quilómetros por hora en Viveiro (Lugo), 100,4 en Vimianzo (A Coruña) e 98,3 no municipio coruñés de Arteixo.

En canto ás precipitacións deste luns, as choivas deixaron 69,1 litros por metro cadrado en Lousame; 50,8 en Santa Comba; 46 en Val do Dubra; 44,7 en Zas e 36,4 en Boiro, todas elas localidades da provincia da Coruña.

Na xornada do luns na montaña galega o vento deixou refachos máximos de vento de 80,2 quilómetros por hora en Carballeda de Valdeorras (Ourense), 74,4 en Rodeiro (Pontevedra) e 69,6 en Manzaneda (Ourense).

MARTES

Mentres, na mañá deste martes, na que se activara aviso por vento forte ata as 9,00 horas en parte da provincia da Coruña, segundo os rexistros de Meteogalicia ata as 9,30 horas, alcanzáronse os 117,8 quilómetros por hora en Viveiro ás 3,10 horas e os 100,1 en Cedeira ás 2,10 horas.

No resto da Comunidade galega non se superaron os 100 quilómetros por hora, con refachos máximos de 92,1 en Burela (Lugo) e 90,5 km/h en Lousame. En canto ás choivas, ata as 9,30 horas deste martes as precipitacións deixaron acumulados de 46 litros por metro cadrado en Poio; 35,9 en Redondela; 34,2 en Fornelo de Montes; 32,3 en Forcarei e 31,4 en Meis, todos eles municipios da provincia de Pontevedra.

No referido a incidencias debidas ás condicións meteorolóxicas, fontes do 112 Galicia apuntaron que, salvo a caída dalgunha rama en estradas da rede viaria galega, non se rexistraron incidencias destacadas nas últimas horas.

BORRASCA

Todo iso debido a unha borrasca situada sobre Irlanda que ha deixará na Comunidade galega durante a primeira metade deste martes fortes ventos do suroeste e precipitacións intensas.  Así, ata as 9,00 horas deste martes estaba activo o aviso meteorolóxico amarelo no oeste e suroeste da provincia da Coruña por acumulación de precipitacións de máis de 40 litros por metro cadrado en 12 horas.

Mentres, o aviso amarelo no litoral estará activo a partir das 15,00 horas na costa da provincia da Coruña por ondas de catro a cinco metros, mentres que na Mariña luguesa e en Pontevedra activarase ás 18,00 horas.

Temporal no mar
Temporal no mar | Fonte: @ Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta