Envorca un camión en Carballeda de Valdeorras co resultado dun ferido

Por outra banda, o 112 informa de que un home quedou atrapado entre un coche e un muro en Meis sobre as 13,30 horas, no lugar de Fofán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Un camioneiro resultou ferido esta tarde de martes ao envorcar o vehículo que conducía por Carballeda de Valdeorras (Ourense) pouco antes das 13,00 horas, segundo informa o 112 Galicia.

Ao lugar do sinistro acudiu un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense, a pesar de que o condutor foi capaz de saír polos seus propios medios do camión.

Entre outros, foron avisados os bombeiros e membros do GES de Valdeorras co fin de comprobar o estado do camioneiro e prestar axuda para a súa liberación en caso necesario. Con todo, á súa chegada o home lograra saír xa do camión e estaba a ser atendido polo equipo médico.

ATRAPADO EN MEIS

Por outra banda, o 112 informa de que un home quedou atrapado entre un coche e un muro en Meis (Pontevedra) sobre as 13,30 horas, no lugar de Fofán.

Foi o propio afectado quen chamou ao número de emerxencias ante a imposibilidade de quitar a perna que quedou atrapada entre o coche e un muro. Segundo explicou, o vehículo foise por un desnivel e atrapouno contra unha parede dentro da súa leira.

Foi necesaria a intervención dos bombeiros de Ribadumia para liberar a esta persoa. Tamén se avisou, entre outros, a profesionais de urxencias do 061.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta